Mulleres Colleiteiras
Mulleres Colleiteiras
2013 - Inicio do proxecto
72/13 | Proxecto Mulleres Colleiteiras |
País/Localización | Galicia, España |
Contraparte | - |
Financiadores | Fundación Paideia CEIP Emilia Pardo Bazán |
Persoas Beneficiarias | Poboación dos asentamentos dos asentamentos chabolistas de A Pasaxe e As Rañas en risco de exclusión social |
Orzamento total | 6.367,50 Euros |
Data de comenzo | Xaneiro de 2013 |
Data de finalización | Decembro de 2014 |
Ao abordar a planificación do plan integral de inclusión social, a situación laboral das persoas revelouse como un aspecto fundamental. O emprego non é só un dereito social e fonte de ingresos, senón o principal mecanismo de integración social e desenvolvemento persoal, xa que permite levar unha vida digna e é fonte de recoñecemento e participación social e institucional, mellorando a autoestima e facilitando a inclusión nas principais redes sociais.
Así, na identificación previa desenvolvida en materia laboral, o grupo de traballo detectou a necesidade de regularizar as situacións de autoemprego informais para tratar de promover un proceso de normalización das actividades de xestión de residuos urbanos desenvolvidos pola poboación chabolista, de etnia xitana e cigana durante os últimos anos de xeito informal e adaptala ao sector formal de autoemprego optimizando o seu rendemento.
Aínda que os datos son escasos, pode afirmarse que a gran maioría traballa por conta propia, en situacións de crecente dificultade y precariedade na recollida de chatarra e cartón e na venda ambulante. As políticas públicas de inserción laboral non acadan os resultados esperados e a situación de exclusión tanto por falta de vivenda digna como por falta de emprego retroalimentanse, impedindo a esta poboación saír do círculo de exclusión no que se atopan.
Por todo isto, no ano 2013 lanzouse, dentro da área laboral do Programa de Inserción Social en Asentamentos Chabolistas, o proxecto "Mulleres Colleiteiras", que tén como principal obxectivo o autoemprego de mulleres en situación de exclusión social a través da xestión do aceite doméstico usado: recollida, tratamento e reutilización de este residuo nun proceso local e de baixo custe. No ano 2013 máis de 20 mulleres participaron no proxecto como parte esencial do seu Itinerario Sociolaboral.
O proxecto ten un triple beneficio:
- A integración social dun grupo de mulleres en situación de exclusión social
Participan no proxecto máis de 20 mulleres que están a adquirir habilidades sociais e prelaborais, aumentando a súa autoestima e seguridade en sí mesmas e mellorando as súas capacidades formativas.
- Constitución dunha empresa que poda crear postos de trabajo e xerar un beneficio económico ademáis dun servizo á cidadanía
De cara a o período 2014-2015 o obxectivo é culminar un proceso local e de baixo custe nun modelo intesivo en capital humano; xerar postos de traballo e dar unha nova vida ao residuo, que será utilizado a nivel local, evitando os custes económicos e enerxéticos do transporte.
- Sensibilización medioambiental
O servizo que se ofrece á cidadanía non entende o aceite como un residuo, senón como un recurso moi enerxético que hai que aproveitar, evitando vertidos, mediante un proceso local na totalidade do ciclo de xestión, e utilizando man de obra desempleada dende a súa recollida ata a súa transformación e utilización en equipamientos locais. Mulleres Colleiteiras participaron durante 2013 en varias charlas de sensibilización medioambiental en centros educativos e ferias socias da cidade, concienciando a cidadanía da necesidade de reciclar o aceite doméstico.