Mulleres Colleiteiras
Mulleres Colleiteiras
2014 - Posta en marcha
72/13 | Proxecto Mulleres Colleiteiras |
País/Localización | Galicia, España |
Contraparte | - |
Financiadores | Fundación Paideia CEIP Emilia Pardo Bazán |
Persoas Beneficiarias | Poboación dos asentamentos dos asentamentos chabolistas de A Pasaxe e As Rañas en risco de exclusión social |
Orzamento total | 6.367,50 Euros |
Data de comenzo | Xaneiro de 2013 |
Data de finalización | Decembro de 2014 |
Acompañamento no proceso de posta en marcha
Acompañamento no proceso de posta en marcha da alternativa de autoemprego “Mulleres Colleteiras”, consideradas como prácticas prelaborais:
- Posta en práctica das capacidades para o emprego a través de actividades pre-laborais participando no Proxecto de autoemprego para mulleres en situación de exclusión social na xestión de aceite doméstico usado
- Fomento de actitudes pro-activas de incorporación ao mercado de traballo
- Desenvolvemento e mellora de capacidades para o emprego mediante formación teórica e práctica: habilidades de comunicación, atención a clientes, fomento da puntualidade, responsabilidade e profesionalidade...
- Mellora das capacidades de organización, no ámbito persoal, empresarial e doméstico, para a conciliación da vida laboral e familiar
- Campaña de difusión da iniciativa con implicación activa das participantes: charlas en centros educativos e asociacións, mesas e postos de información cidadá, reportaxes televisivos e radiofónicos, difusión en domicilios e particulares... Co doble obxectivo de dar a coñecer o proxecto e traballar o autoconcepto, autoestima e habilidades sociais das participantes
- Formación específica relacionada coa reciclaxe de aceite: Obradoiro de elaboración de xabón
Información específica e derivación a servizos específicos de outras entidades/organismos públicos para inserción laboral:
- Información sobre regularización do autoemprego (venda ambulante e recollida de chatarra)
- Información sobre cursos do Centro Municipal de Emprego, Cruz Vermella, Fundación Ronsel, Fundación Mujeres...
- Acompañamento e xestión de citas no Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE)
Inicio do proceso de constitución da cooperativa de Mulleres Colleiteiras
Dende o mes de Outubro de 2014, estanse levando a cabo sesións específicas de formación en cooperativas coa colaboración da Rede Eusumo e a asistencia técnica de Hábitat Social para as mulleres participantes do proxecto piloto. A través destas sesións preténdese afondar no coñecemento do funcionamento da fórmula legal cooperativa de cara a constituir Mulleres Colleiteiras como unha cooperativa sen ánimo de lucro.
A través destas sesións tratáronse temas como os valores cooperativos, órganos dunha cooperativa, réxime de traballo, achegas e capital social, requisitos de entrada á cooperativa, tipo de figuras (socia, socia trabajadora, socio colaborador, etc.), relación da futura cooperativa co proxecto social (grupo de rapazas que non entrarán como socias na cooperativa inicialmente pero que continuarán realizando outras tarefas de difusión e formación), así como outros conceptos necesarios para poder definir os estatutos sociais e regulamento interno da nova cooperativa, que segundo as decisións tomadas estará formada por 4 persoas (2 pertencentes ao asentamento da Pasaxe e 2 pertencentes ao das Rañas) en réxime de autónomas, por ser a modalidade máis sinxela e viable polo momento.
As participantes foron definido a súa implicación ao longo do proceso en función das súas posibilidades persoais e a medida que ían resolvendo dúbidas relacionadas co réxime de traballo, implicacións, etc. A participación foi fluctuando durante os últimos meses do ano, arredor de 8-10 mulleres mostraron inicialmente interese en poder participar da cooperativa. A finais do ano o propio grupo foise decantando, chegando a quedar unhas 5 mulleres que deberían tomar unha decisión final en canto a súa incorporación ou non á cooperativa.
Prevese que durante o mes de abril de 2015 a cooperativa poda quedar constituida ante notario e levar a cabo o inicio da actividade unha vez realizados todos os trámites pertinentes.