Plan de Inclusión Social 2015
Plan de Inclusión Social 2015
Accións Transversais
Actividades en colaboración con Educación para o Desenvolvemento
Dentro do proxecto deste ano do grupo de educación para o desenvolvemento realizáronse, en colabroación coa asociación cultural Tinta Bacanal, dúas actividades vencelladas ao grupo de cooperación local. A primeira delas foi un obradoiro de escritura creativa cos nenos e nenas dos asentamentos da cidade, que tiña como obxectivo traballar a creatividade e as ferramentas de comunicación da infancia e adolescencia deste contexto. Os obradoiros realizáronse ao longo do mes de outubro e novembro cun total de seis sesións, coa participación dunha media de 10 -11 nenos e nenas entre os 8 e os 16 anos. A actividade desenvolveuse fundamentalmente no espazo cedido pola escola de arquitectura de A Coruña. Ademáis, realizáronse dúas sesións exteriores: unha no Castelo de San Antón, que serviu de ambientación para a creación de historias e personaxes, e outra na Casa Museo Wenceslao Fernández Flórez.
O balance xeral desta actividade foi moi positivo, a rapazada mostrou dende o comezo un grande interese na escritura e, dende logo, unha enorme capacidade creativa. Finalmente, tódalas historias creadas ao longo do obradoiro recopiláronse nunha publicación en formato revista, Nós contamos, que se repartirá a cada participante xunto cun agasallo nunha presentación lúdica na que eles serán os narradores e protagonistas. Cerrouse a actividade coa promesa de repetila e, sobre todo, de tentar realizala cos nenos e nenas do asentamento de A Pasaxe.
A segunda actividade foi a recopilación das historias de vida de cinco familias dos asentamentos de As Rañas e A Pasaxe para formar parte dunha divulgación escrita que busca retratar diferentes testimonios de familias na súa loita polo dereito a un hábitat digno, nos contextos nos que Arquitectura Sen Fronteiras está a traballar. Para elo, recolléronse en paralelo os retratos de seis familias guatemaltecas cuxa historia, se ben parte dun contexto xeopolítico moi diferente, acada matices comúns no que se refiere ao desexo de lograr un hábitat propio, un fogar. Todo este traballo desenvolveuse entre os meses de xullo e decembro e fructificou nunha publicación: Ciudadanía Invisible, que será distribuida nas bibliotecas e nos centros de educación pública, así como tamén en Guatemala, ademáis das propias familias participantes que recibirán un exemplar xunto co noso total agradecemento por mostrarnos parte da historia das súas vidas.