Plan de Inclusión Social 2015

Área de Educación

Actividades de persoas adultas

Nos primeiros meses de 2015 continuouse coa actividade de alfabetización con persoas adultas residentes no asentamento de A Pasaxe, nun aula no Centro Cívico Municipal de Palavea (centro de referencia para os residentes no asentamento). A actividade impartíase dous día semanais: martes e xoves de 16-17.15h (imposible a cesión por tempo mais prolongado no mesmo día debido ás actividades do centro) por voluntariado do grupo de traballo de distintas disciplinas e estaba coordinada pola educadora social.

Actividades de persoas adultas

Este ano houbo varias baixas entre o alumnado por diversos motivos, altibaixos emocionais, cambio de domicilio, non estar a persoa voluntaria de referencia, non ter quén lles acerque ou quen lles quede cos fillos... e varias incorporacións e reincorporacións, manténdose unha media de 4 a 10 persoas.

A actividade de apoio para a preparación de probas de Educación Secundaria de Adultos coas persoas residentes en As Rañas impártese os mércores e venres de 10-12h por persoal voluntario, sendo asimismo coordinada por unha educadora social. A asistencia das 6 persoas inscritas é moi desigual, aínda que non se precisa dunha atención tan persoalizada como na actividade de Palavea porque os niveis, dentro da súa diferenza, están máis compensados. Se traballa co material de ESA publicado na web da Xunta, e ASF conta cun exemplar dos manuais de 1o e 2o ESA de Comunicación, Social e Científico-Tecnolóxico. Cabe sinalar que se trata duns contidos amplísimos e que non se espera que ningunha das persoas inscritas obteña resultados positivos nas probas neste primeiro ano.

Estas dúas actividades véronse moi afectadas coa marcha da educadora social que as coordinaba no mes de marzo e finalmente foron interrumpidas/ finalizadas no mes de maio por falta de asistencia.

Programa de prácticas de Educación Social

Por primeira vez en ASF contamos con dúas alumnas en prácticas de Educación social da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña. O Practicum II desenvolveuse ao longo do primeiro cuatrimestre, é dicir, o alumnado permaneceu na entidade 350 horas (aproximadamente catro meses, desde setembro a decembro de 2015).

De xeito máis concreto, o seu período de prácticas iníciase o día 9 de setembro e remata o 22 de decembro.

O convenio coa facultade fixo necesaria a integración de dúas técnicas do eido da educación, que acompañasen e tutorizasen as alumnas ao longo do proceso, durante a estancia das practicas.

As súas tarefas xiran, en primeiro lugar, en torno ao análise e coñecemento da organización e máis adiante, na colaboración e participación nos grupos de traballo.

No grupo de traballo local, centráronse no seguimento e escolarización dos menores pertencentes ao poboado de asentamentos precarios de As Rañas. Para poder levar cabo dita función concretáronse as seguintes accións:

- Detención e análise de dificultades e potencialidades dos menores no marco da súa comunidade e no sistema educativo

- Creación dunha base de datos que reflicte a situación académica e a ocupación dos menores

- Elaboración de fichas persoais de cada menor dentro das unidades de convivencia (UC), o que facilita o seguimento e o diseño dos itinerarios personalizados de inserción (IPIs)

- Ter un papel mediador entre a escola, a familia e o alumnado, facilitando a comunicación e a comprensión entre os distintos axentes

- O acompañamento: aproximación aos recursos e servizos que máis se acerquen ás preferencias da persoa, acompañando na dirección na que ela quera ir

Seguimento da escolarización das e dos menores

Durante todo o ano realizáronse xestións de seguemento escolar cos centros educativos de referencia para as persoas de As Rañas en coordinación coa Oficina de Voluntariado da UDC (OCV) en relación ao labor de apoio escolar que están a desenvolver cos e coas menores deste asentamento. Neste senso, no mes de abril, invitáronnos a participar a unha reunión de seguemento coa Directora do CEIP Manuel Murguía, e apoiaron o noso labor de seguemento co profesorado especial do IES Elviña co obxectivo de prevenir o abandono escolar aos 16 anos e informar aos xóvenes de alternativas de FP para continuar a súa formación.

Seguimento da escolarización dos e das menores

Realizáronse diversas accións no marco da orientación profesional e o seguimento académico co fin de dar resposta ás demandas e necesidades das e dos menores para promover o benestar da persoa e a mellora da súa autonomía.

- Visita por parte do IES Elviña a As Rañas; asistencia de diferentes membros do IES (xefe de estudos, orientadora, educador social e profesora de pedagoxía terapéutica (PT) para coñecer máis en profundidade ás familias. Reunión grupal con persoal de ASF para detectar potencialidades e necesidades do alumnado, así como visitas a domicilio para expoñer e acercarse a situación persoal de cada menor, facendo una aproximación da realidade cotiá da comunidade.

- Reunións de seguimento co persoal de dirección, orientación e docencia do I.E.S Elviña, en colaboración coa OCV, sobre da situación escolar de cada alumna/o de As Rañas

- Contacto telefónico co CIFP Someso e co I.E.S de Elviña para resolver dúbidas puntuais sobre procesos de matriculación e facilitar o acceso do alumnado á FP Básica co fin de aumentar as posibilidades de continuación dentro da educación reglada

- Búsqueda, identificación e acompañamento de recursos para axeitalos ao itinerario de cada persoa: centros para a preparación da ESA, becas comedor en colaboración con EDUCO, formación en debuxo e pintura en colaboración co taller de Polo, cursos de guitarra, apoio escolar, etc.

- Actividade de lecer en As Rañas o día 9 de decembro: gymkana con dinámicas de grupo, xogos e sobre o coñecemento do caló. Dirixido a rapaces e rapazas entre os tres e os dezaoito anos

Coa colaboración de: