Programa de Cooperación Local ASF España
O 20 de xullo faise entrega en Barcelona do proxecto de Cooperación Local de Arquitectos Sin Fronteras España presentado á Convocatoria IRPF 2010 do Ministerio de Sanidade e Política Social, no que ao longo do mes formulouse para a súa inclusión no mesmo unha intervención de inclusión social dirixida a un barrio chabolista da Coruña (As Rañas), en colaboración con outra entidade do terceiro sector galego (Igaxes 3). Hai que destacar que para iso contouse cunha carta de aval da Concellería de Servizos Sociais do Concello da Coruña e entabláronse conversacións coa Conselleria de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia para dar a coñecer o proxecto, aínda que finalmente non se obtivo unha carta de aval debido ás vacacións do responsable primeiro. Este proxecto quería reunir varias intervencións en cooperación local das DT: Galicia, Catalunya, Comunidade Valenciana e Madrid.
A finais de decembro comunícannos desde a demarcación de Catalunya a non aprobación do proxecto, que se reformuló e representou á convocatoria de xaneiro de Caixa Madrid co seguinte título: Fomento do voluntariado técnico en proxectos de acción social de base arquitectónica e de construción. Este proxecto, ten como obxectivo articular unha rede de colaboración permanente entre Colexios Profesionais do mundo da Arquitectura, Universidades e entidades e institucións traballando na prestación de servizos sociais co fin de canalizar eficientemente o fluxo de profesionais do sector cara a accións de voluntariado en cooperación local (Acción Social - cuarto mundo). Para estes efectos, o proxecto prevé unha plataforma online de voluntariado conectando en rede os espazos de difusión online de Colexios Profesionais e Universidades, a posta en marcha dun programa de formación online de voluntariado en proxectos de acción social de base arquitectónica, e a articulación dun proceso de integración do voluntariado nos grupos de traballo locais de ASF ou, eventualmente, en terceiras organizacións. Así mesmo, prevé tamén a creación dun rexistro unificado online de solicitudes de colaboración por parte de entidades do terceiro sector permitindo un tratamento eficiente das mesmas e a súa derivación ás demarcacións e grupos de traballo de ASF.