Organizado por Proxecto Terra e dentro do Plan Anual de Formación de Profesorado de Galicia, os pasados 25 e 26 de marzo achegámonos as aulas do CAFI en Santiago de Compostela para falar sobre Dereito ao Hábitat con docentes de todas as etapas educativas.
O curso presentou o marco conceptual do dereito ao hábitat, exemplos de aplicación e desenvolvemento en diversos contextos formais e non formais. Achegamos unha serie de materiais e ferramentas cun amplo campo de aplicación.
Tamén amosamos unha ollada sobre as necesidades humanas, o dereito a tomar parte e a transformación do hábitat propio. Todo isto, baixo o enfoque de Dereitos Humanos, dentro do recente marco dos Obxetivos de Desenvolvemento Sostible, promovendo a reflexión sobre as desigualdades vividas, sentidas e percibidas nas cales habitamos, dende un enfoque multidimensional e multiescalar.
Agradecemos a todos as persoas participantes o seu interese, aprendemos da experiencia para incorporar melloras e suxestións e agardamos repetir o curso que vén.
Deixar unha resposta