Curso Transformando 3 Cartografías Críticas

Información sobre o curso Transformando 3

Presentamos a terceira edición do curso Transformando, nesta ocasión sobre Cartografías Críticas.

O curso Transformando concíbese como un espazo de formación presencial e transdisciplinar dirixido a actores multiplicadores clave na defensa e integración do Dereito ao Hábitat na educación e na xestión social do noso entorno: profesionais e estudantes das ciencias da educación, socioloxía, urbanismo, arquitectura, antropoloxía…

Esta formación abordará contidos e metodoloxías para traballar o Dereito ao Hábitat a través das cartografías críticas, tanto nas aulas como en espazos informais, ofertando coñecementos pedagóxicos, ferramentas prácticas, exercicios prácticos e presentando experiencias de colectivos e profesionais no eido do mapeo colaborativo e a cartografía social.

Datas e lugar

O curso desenvolverase os días 26 e 27 de novembro no Centro Cívico de Os Mallos, A Coruña.

Programa

Venres 26 de novembro

  • 16:30 a 19:15h. Arquitectura Sen Fronteiras. Contidos teóricos, aplicacións pedagóxicas e ferramentas prácticas.
  • 19:30 a 20:30h. Experiencias. Laura Cruz. Docente na UDC. Presentación da Cartografía social e emocional sobre dereito ao hábitat na cidade da Coruña.

Sábado 27 de novembro

  • 10:30 a 12:00h. Arquitectura Sen Fronteiras. Obradoiro no barrio.
  • 12:15 a 13:30h. Experiencias. Antía Soto e Ara-Sol Romero Vázquez. Educadoras sociais. Presentación da cartografía emocional de Betanzos E non era ouro e proxección do documental.

Matrícula e inscrición

A formación é gratuita. Número de prazas limitado, 15 prazas.

No momento de formalizar a inscripción é preciso abonar unha fianza de 10 euros que será devolta íntegramente ao rematar a formación, sempre que se asista á mesma. A fianza é un mecanismo para favorecer o aproveitamento das plazas dispoñibles e o bo uso dos fondos públicos. Solicitamos responsabilidade ao solicitar unha praza, xa que o número de prazas é limitado.

Se precisades máis información podedes enviar un correo electrónico a educaciongalicia@asfes.org

Descargar cartel Transformando 3

Agardámosvos!

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.