Presentamos a quinta edición do curso Transformando, nesta ocasión continuamos afondando nas Cartografías Críticas.
O curso Transformando concíbese como un espazo de formación presencial e transdisciplinar dirixido a actores multiplicadores clave na defensa e integración do Dereito ao Hábitat na educación e na xestión social do noso entorno: profesionais e estudantes das ciencias da educación, socioloxía, urbanismo, arquitectura, antropoloxía…
Esta formación abordará contidos e metodoloxías para traballar o Dereito ao Hábitat a través das cartografías críticas, tanto nas aulas como en espazos informais, ofertando coñecementos pedagóxicos, ferramentas prácticas, exercicios prácticos e presentando experiencias de colectivos e profesionais no eido do mapeo colaborativo e a cartografía social.
Datas e lugar
O curso desenvolverase os días 16 e 17 de decembro na Librería O Fiandón (Rúa San Roque, 11) na cidade da Coruña.
Programa
Venres 16 de decembro
- 16:30 a 18:30h. Arquitectura Sen Fronteiras. Contidos teóricos, aplicacións pedagóxicas e ferramentas prácticas.
- 18:30 a 20:30h. Experiencias de cartografías participativas.
- Ruth Sousa e Nuria García. Presentación da iniciativa Cóntame Ferrol, un relato colectivo sobre o territorio.
- Outonía S. Coop Galega. Presentación do proxecto Tocar ao Concello na Veiga (Ourense) de participación e imaxinación comunitaria.
Sábado 17 de decembro
- 10:00 a 14:00h. Arquitectura Sen Fronteiras. Obradoiro de mapeo colectivo no barrio de Atochas Montealto.
Matrícula e inscrición
A formación é gratuita. Número de prazas limitado, 15 prazas.
- Realizar a PREINSCRICIÓN por medio do seguinte formulario. Ata o 13 de decembro.
- Formalización da INSCRICIÓN ata o 15 de decembro.
No momento de formalizar a inscripción é preciso abonar unha fianza de 10 euros que será devolta íntegramente ao rematar a formación, sempre que se asista á mesma. A fianza é un mecanismo para favorecer o aproveitamento das plazas dispoñibles e o bo uso dos fondos públicos. Solicitamos responsabilidade ao solicitar unha praza, xa que o número de prazas é limitado.
Se precisades máis información podedes enviar un correo electrónico a educaciongalicia@asfes.org
Agardámosvos!
Deixa unha resposta