Queremos compartir con vós a nosa participación no Laboratorio Mutante para a Ecoloxía dos Saberes.
O próximo día 11 de Xuño estaremos en Prada (Manzaneda, Ourense) na xornada “Deconstruír o Hábitat”.
Pola mañá, guiadas polas compañeiras de Outonía S. Coop. Galega relizaremos o roteiro “Atravesar o abandono” subindo desde Requeixo ata a aldea de Prada disfrutando da paixase do Val Glaciar.
Pola tarde, propoñerémosvos unha cartografía participativa para elaborar un relato compartido e crítico que nos achegue a coñecer o pasado, comprender o presente e imaxinar o futuro dos núcleos rurais de montaña como alternativas de vida sustentable ao contexto de crise climática actual.
Compartiremos unha pequena experiencia situada para empregar as cartografías como ferramenta de investigación e construción colectiva.
Podes inscribirte aquí https://forms.gle/7BviE3MuAM89crqA7
As inscricións son de balde e as prazas limitadas.
Máis info e consulta de dúbidas no teléfono 622834218
Deixar unha resposta