Devagar, decembro 2021

Queremos presentar a nosa “carta de novas”, unha newsletter que din agora, do grupo de Educación de Arquitectura sen Fronteiras de Galicia.

Devagar foi o nome que escollemos:

Decembro 2021 | Suscripción

Está pensada para compartir con vós unha escolma das lecturas que nos interesan en torno ao dereito ao hábitat, para ir lendo con lentitude, sen présa. Ao carón da cociña de leña, no parque baixo as primeiras raiolas de abril, deitadas ao solpor nun areal agochado, sentindo orballar baixo unha manta en outubro.

Con calma.

Con tempo a reflexionar.

Devagar sairá cando a situación o requira, é dicir, cando teñamos unha morea de ligazóns seleccionadas que xuntamos cal formiguiñas.

Comezamos!

Imaxe: Lucía Escrigas Rodríguez para as unidades didácticas 1 e 2 do programa Participar para Coidar, que atoparás no primeiro número de Devagar

« Previous Post

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.