En febreiro de 2026, as comunidades de Victorias 3 e La Bendición, ambas situadas no municipio de Champerico, no departamento de Retalhuleu en Guatemala, celebraron a posta en funcionamento de dous novos tanques de abastecemento de auga. Na comunidade Victorias 3, dentro do Programa Kab' laj Imox financiado pola Xunta de Galicia, instalouse un tanque de 60.000 litros que garante o acceso á auga e saneamento para 180 familias. Na comunidade La Bendición, inaugurouse un tanque de 30.000 litros como parte do Proxecto de Mellora nutricional financiado por AECID que abastecerá ás 60 familias da comunidade.
Na inauguración de ambos os tanques (Victorias 3 e La Bendición respectivamente nas imaxes seguintes) estiveron presentes autoridades indíxenas, as familias beneficiarias e os comités de auga conformados durante o proceso para asegurar a xestión dos sistemas. Tamén asistiron os equipos de ASIAPRODI e Arquitectura Sen Fronteiras e representantes da empresa encargada do tanque.



Deixa unha resposta