Curso en liña Hábitat a Escala Humana
Módulo 2. Hábitat e Xénero
Autoría: dexeneroconstrución
Descrición: Módulo de aproximación ao concepto de xénero e ao recoñecemento das súas implicacións transversais na produción social do hábitat.
Programa:
- Acercamento ao concepto de xénero
- A vindicación feminista. Evolución histórica
- O xénero como construción social
- A destrución da dicotomía patriarcal
- Política de xénero. Mainstreaming
- Marco legal
- Desigualdade de xénero, pobreza e exclusión social. Escalas global e local
- A relación da pobreza e o xénero
- Dos ODM aos ODS e a súa relación cos aspectos de xénero
- Alternativas desde a perspectiva de xénero. Principais correntes
- Mulleres no desenvolvemento. Distintos enfoques dentro dos estudos de xénero
- Dimensións dentro da educación en valores e a EPD
- Hábitat e xénero
- Relacións transversais entre espazo e xénero
- Dereito ao hábitat e a cidade. Procesos participativos con perspectiva de xénero
- A crítica feminista. Evolución das propostas teóricas sobre espazo e xénero
- Propostas metodolóxicas. Espazo e perspectiva de xénero
- Produción do hábitat dende a perspectiva de xénero. Banco de experiencias e accións
Metodoloxía: A metodoloxía do curso baséase na investigación e na acción participativa: a aprendizaxe fundaméntase na participación e no traballo en equipo, potenciando a resolución de tarefas mediante a aplicación de sistemas de diálogo que posibiliten unha xeración de coñecemento grupal que sexa aplicable aos problemas propios das persoas a quen vai dirixida a formación.
A avaliación é continua baseada en actividades individuais ou grupais, debates e cuestionarios propostos durante o desenvolvemento do módulo que se realizan desde os espazos da plataforma.
No funcionamento do curso existen dúas figuras que xogan un rol diferente durante a acción formativa.
- Equipo de seguimento: As súas funcións son a resolución de dúbidas do alumnado, a dinamización dos foros e a corrección da práctica, sendo por tanto os encargados de dar o seguimento teórico e práctico do curso.
- Xestor/a da aula virtual: As súas funcións son realizar e coordinar as tarefas administrativas do curso e resolver as dúbidas relativas ao funcionamento da aula virtual.
Certificado: Ao finalizar o curso entregarase un certificado a aquelas persoas que superen os criterios de avaliación.
Horas lectivas: 20
Datas: setembro a novembro de 2019
Matrícula: Aberta ata o 31 de agosto de 2019