Curso en liña Hábitat a Escala Humana
Módulo 3. Dereito ao hábitat, asentamentos e procesos de urbanización
Autoría: Miguel Ángel Fernández Souto, Adrián Ferreiro Pérez e Lara Medín López
Descrición: Neste módulo realízase unha introdución xeral ao proceso de consolidación do dereito ao hábitat como parte dos dereitos fundamentais das persoas. Do mesmo xeito, introdúcense as principais problemáticas que a poboación enfronta na actualidade para satisfacer estes dereitos.
Programa:
- O dereito á vivenda e á cidade. Xurdimento do concepto, definición, lexislación actual e concretización en políticas públicas
- Do dereito á vivenda ao dereito á cidade
- Os dereitos humanos na cidade e o dereito á cidade
- O dereito á cidade, un dereito humano emerxente
- Lexislación actual e concretización en políticas públicas
- Aproximación aos asentamentos humanos precarios
- Caracterización e contextualización
- Efectos da precariedade habitacional
- Tipos de asentamentos precarios
- O fenómeno dos asentamentos precarios en zonas urbanas
- Aproximación aos asentamentos humanos
- Características dos asentamentos precarios en zonas urbanas
- Tipos de asentamentos precarios en zonas urbanas
- Accións desenvoltas fronte á precariedade habitacional urbana
- Os asentamentos precarios en zonas rurais e os asentamentos precarios transitorios
- Asentamentos precarios en áreas rurais
- Asentamentos precarios transitorios
- Degradación de barrios na cidade existente: características, causas e procesos
- Concepto de obsolescencia urbana
- Problemáticas, características e causas
- Recoñecemento de procesos
Metodoloxía: A metodoloxía do curso baséase na investigación e na acción participativa: a aprendizaxe fundaméntase na participación e no traballo en equipo, potenciando a resolución de tarefas mediante a aplicación de sistemas de diálogo que posibiliten unha xeración de coñecemento grupal que sexa aplicable aos problemas propios das persoas a quen vai dirixida a formación.
A avaliación é continua baseada en actividades individuais ou grupais, debates e cuestionarios propostos durante o desenvolvemento do módulo que se realizan desde os espazos da plataforma.
No funcionamento do curso existen dúas figuras que xogan un rol diferente durante a acción formativa.
- Equipo de seguimento: As súas funcións son a resolución de dúbidas do alumnado, a dinamización dos foros e a corrección da práctica, sendo por tanto os encargados de dar o seguimento teórico e práctico do curso.
- Xestor/a da aula virtual: As súas funcións son realizar e coordinar as tarefas administrativas do curso e resolver as dúbidas relativas ao funcionamento da aula virtual.
Certificado: Ao finalizar o curso entregarase un certificado a aquelas persoas que superen os criterios de avaliación.
Horas lectivas: 20
Datas: pendentes de confirmación curso 2016-2017
Prezo módulo individual: 30€ / 25€ persoas voluntarias ou socias de Arquitectura Sen Fronteiras e desempregadas
Matrícula: Pechada