Curso en liña Hábitat a Escala Humana
Módulo 3. Xestión social do hábitat
Autoría: María Eugenia Lacarra
Descrición: Módulo orientado a realizar un achegamento ao concepto de xestión social do hábitat como resposta a un proceso de urbanización do territorio desigual e insostible. Tamén faise un percorrido polo concepto de vivenda así como polas diferentes políticas de xestión do hábitat definindo os seus principios, estratexias e modalidades.
Programa:
- Concepto e axentes na xestión social do hábitat
- Achegamento aos termos: hábitat e xestión social do hábitat
- Axentes na xestión social do hábitat
- Políticas de xestión do hábitat
- Asentamentos humanos como contexto prioritario das políticas de xestión do hábitat
- Políticas de xestión do hábitat
- Modelos concretos de xestión urbana e rural
- Experiencias de xestión social do hábitat
- Dereito á vivenda. Políticas de vivenda
- A vivenda como particularidade do hábitat e como satisfactor de necesidades humanas
- Dereito á vivenda: DESC
- Políticas habitacionais
Metodoloxía: A metodoloxía do curso baséase na investigación e na acción participativa: a aprendizaxe fundaméntase na participación e no traballo en equipo, potenciando a resolución de tarefas mediante a aplicación de sistemas de diálogo que posibiliten unha xeración de coñecemento grupal que sexa aplicable aos problemas propios das persoas a quen vai dirixida a formación.
A avaliación é continua baseada en actividades individuais ou grupais, debates e cuestionarios propostos durante o desenvolvemento do módulo que se realizan desde os espazos da plataforma.
No funcionamento do curso existen dúas figuras que xogan un rol diferente durante a acción formativa.
- Equipo de seguimento: As súas funcións son a resolución de dúbidas do alumnado, a dinamización dos foros e a corrección da práctica, sendo por tanto os encargados de dar o seguimento teórico e práctico do curso.
- Xestor/a da aula virtual: As súas funcións son realizar e coordinar as tarefas administrativas do curso e resolver as dúbidas relativas ao funcionamento da aula virtual.
Certificado: Ao finalizar o curso entregarase un certificado a aquelas persoas que superen os criterios de avaliación.
Horas lectivas: 20
Datas: setembro a novembro 2019
Matrícula: Aberta ata o 31 de agosto de 2019