Módulo 6. Tecnoloxías apropiadas

Curso en liña Hábitat a Escala Humana

 

Módulo 6. Tecnoloxías apropiadas

Autoría: ESTEPA

Descrición: Módulo orientado a presentar unha aproximación ao concepto e definición de tecnoloxías apropiadas: á súa aplicación en contextos de emerxencia e para o desenvolvemento, e a enteder o traballo con tecnoloxías apropiadas como unha proposta de sustentabilidade.

Programa:

  1. Definicións e características
    1. Historia e evolución do concepto de tecnoloxía apropiada
    2. Posicións críticas á tecnoloxía apropiada
    3. Que non pode deixar de ser a tecnoloxía apropiada no século XXI
    4. As limitacións da tecnoloxía apropiada: algunhas barreiras persistentes
    5. Algúns desafíos para seguir adiante
  2. Tecnoloxía apropiada para o desenvolvemento e a emerxencia
    1. Emerxencia e desenvolvemento: momentos diferentes, solucións diferentes
  3. Metabolismo do hábitat
    1. O ciclo da auga
    2. A enerxía
    3. Os materiais de construción
    4. Os residuos
    5. As emisións contaminantes
  4. Tecnoloxía apropiada como resposta de sustentabilidade
    1. Diferentes épocas, da arquitectura vernácula á actualidade. Diferentes recursos materiais e enerxéticos
    2. Concepcións desde a arquitectura: arquitectura bioclimática, bioconstrucción, casas pasivas, permacultura

Metodoloxía: A metodoloxía do curso baséase na investigación e na acción participativa: a aprendizaxe fundaméntase na participación e no traballo en equipo, potenciando a resolución de tarefas mediante a aplicación de sistemas de diálogo que posibiliten unha xeración de coñecemento grupal que sexa aplicable aos problemas propios das persoas a quen vai dirixida a formación.

A avaliación é continua baseada en actividades individuais ou grupais, debates e cuestionarios propostos durante o desenvolvemento do módulo que se realizan desde os espazos da plataforma.

No funcionamento do curso existen dúas figuras que xogan un rol diferente durante a acción formativa.

- Equipo de seguimento: As súas funcións son a resolución de dúbidas do alumnado, a dinamización dos foros e a corrección da práctica, sendo por tanto os encargados de dar o seguimento teórico e práctico do curso.
- Xestor/a da aula virtual: As súas funcións son realizar e coordinar as tarefas administrativas do curso e resolver as dúbidas relativas ao funcionamento da aula virtual.

Certificado: Ao finalizar o curso entregarase un certificado a aquelas persoas que superen os criterios de avaliación.

Horas lectivas: 20
Datas: pendentes de confirmación curso 2016-2017
Prezo módulo individual: 30€ / 25€ persoas voluntarias ou socias de Arquitectura Sen Fronteiras e desempregadas
Matrícula: Pechada