Curso en liña Hábitat a Escala Humana
Módulo 1. Introdución ao Hábitat
Autoría: QATAY
Descrición: Módulo orientado a mostrar a amplitude do termo hábitat e as súas dimensións transversais. Expóñenense estratexias para abordar a súa complexidade desde un posicionamento adaptado ás distintas realidades humanas. É un marco de encadre e introdución ás temáticas tratadas no resto de módulos do curso en liña.
Programa:
- Antropoloxía do hábitat
- Concepto de hábitat
- Evolución da conceptualización. Marco político e institucional
- Hábitat como necesidade humana
- Perspectiva complexa do hábitat. Dimensións
- Dimensión física
- Dimensión política
- Dimensión social, económica e cultural
- A perspectiva complexa do hábitat
- Enfoques transversais e transdisciplinares
- Enfoque transversais
- Enfoques transdisciplinares
Metodoloxía: A metodoloxía do curso baséase na investigación e na acción participativa: a aprendizaxe fundaméntase na participación e no traballo en equipo, potenciando a resolución de tarefas mediante a aplicación de sistemas de diálogo que posibiliten unha xeración de coñecemento grupal que sexa aplicable aos problemas propios das persoas a quen vai dirixida a formación.
A avaliación é continua baseada en actividades individuais ou grupais, debates e cuestionarios propostos durante o desenvolvemento do módulo que se realizan desde os espazos da plataforma.
No funcionamento do curso existen dúas figuras que xogan un rol diferente durante a acción formativa.
- Equipo de seguimento: As súas funcións son a resolución de dúbidas do alumnado, a dinamización dos foros e a corrección da práctica, sendo por tanto os encargados de dar o seguimento teórico e práctico do curso.
- Xestor/a da aula virtual: As súas funcións son realizar e coordinar as tarefas administrativas do curso e resolver as dúbidas relativas ao funcionamento da aula virtual.
Certificado: Ao finalizar o curso entregarase un certificado a aquelas persoas que superen os criterios de avaliación.
Horas lectivas: 20
Datas: setembro a novembro 2019
Matrícula: Aberta ata o 31 de agosto de 2019