Nome do obradoiro: Obradoiro de escritura creativa Nós Contamos
Lugar: A Coruña, Galicia
Data de execución: outubro e novembro de 2015
Demarcación responsable: Arquitectura Sen Fronteiras, Galicia
Contraparte: Tinta Bacanal
Publicación: Nós Contamos
Obradoiro de escritura creativa cos nenos e nenas do asentamento de As Rañas en A Coruña, que tiña como obxectivo traballar a creatividade e as ferramentas de comunicación da infancia e adolescencia deste contexto. Os obradoiros realizáronse nos meses de outubro e novembro cun total de seis sesións e a participación dunha media de 10-11 nenos e nenas entre os 8 e os 16 anos. A actividade desenvolveuse fundamentalmente no espazo cedido por la escola de arquitectura de A Coruña.
Ao longo de seis semanas realizáronse xogos e dinámicas nos que os participantes foron aprendendo técnicas de escritura e ilustracións básicas. Como complemento, dúas das sesións leváronse a cabo en espazos simbólicos que axudaron a espertar a súa imaxinación como o Castelo de San Antón e a casa de Wenceslao Fernández Flórez en Cambre.
O balance xeral desta actividade foi moi positivo, a rapazada mostrou dende o comezo un grande interese na escritura e, dende logo unha enorme capacidade creativa. Finalmente, todas a historias creadas ao longo do obradoiro recopiláronse nunha publicación en formato revista.
Unha vez impreso o libro organizamos a presentación do mesmo no centro cívico Ágora da Coruña. O seu persoal amosounos as estancias e recursos da biblioteca ademais de explicar o seu funcionamento. Posteriormente repartimos os exemplares de Nós Contamos entre os seus autores e autoras que aproveitaron a ler en voz alta algúns dos seus contos. Finalizamos o acto cunha merenda entre todas as persoas que colaboraron no obradoiro.
O libro, con todos os relatos a partir dunha frase, relatos libres, contos de terror, relatos con elementos dos petos, con imanes, etc, distribúese con licencia Creative Commons.
Pechouse a actividade coa promesa de repetila e, sobre todo, de tentar realizala cos nenos e nenas do asentamento de A Pasaxe.