Nome do obradoiro: Obradoiro de fotografía Entre Nós
Lugar: A Coruña, Galicia
Data de execución: setembro a novembro de 2014
Demarcación responsable: Arquitectura Sen Fronteiras, Galicia
Contraparte: Gabriel Tizón
Un total de 12 rapaces e rapazas, dos asentamentos de As Rañas e a Pasaxe, manifestaron a través da fotografía as súas inquedanzas e desexo de coñecer a cidade e o contexto que os rodea, como canle para a convivencia e establecer unha relación de confianza.
Organizado polo grupo de Cooperación Local e impartido polo fotógrafo Gabriel Tizón, ofreceu a posibilidade de coñecer o idioma fotográfico co obxectivo de que fosen eles e elas mesmas as que nos contasen a súa propia realidade a través das súas miradas nunha exposición onde eles e elas foron as protagonistas, facéndoas sabedoras das posibilidades da fotografía como ferramenta e como posibilidade de futuro. O obradoiro desenvolveuse ao longo de 16 xornadas teóricas e prácticas durante os meses de Setembro, Outubro e Novembro con un elevado nivel de implicación e rendemento por parte dos nenos e nenas participantes.
Este obradoiro resultou un éxito tamén en canto a asistencia, debido a que remataron o curso a totalidade do alumnado, algo inusual en obradoiros deste tipo, o cal demostra a implicación por parte dos nenos e nenas.