Procesos habitados
As arquitecturas das que non se fala nas escolas de arquitectura
A Coruña, Galicia. 2014
Nome do obradoiro: Procesos habitados. As arquitecturas das que non se fala nas escolas de arquitectura
Lugar: A Coruña, Galicia
Data de execución: Do 8 ao 12 de setembro de 2014
Demarcación responsable: Arquitectura Sen Fronteiras, Galicia
Contraparte: Universidade da Coruña
Publicación: Procesos habitados. As arquitecturas nas que vive o outro 90%
Un obradoiro como lugar de encontro no que profesorado e alumnado traballaron de forma colaborativa sobre un problema real do Hábitat. Suscitáronse inicialmente unhas sesións expositivas desenvolvidas por ponentes, preferentemente cooperantes, con coñecemento de campo directo sobre a zona de intervención ou ámbitos similares. A partir das mesmas avanzouse de forma colaborativa e tutorizada no diagnóstico da situación obxecto de análise e no desenvolvemento de propostas de intervención. Celebrado en paralelo ao curso Procesos Habitados.
Vídeos das conferencias, presentacións previas as sesións de traballo, resultados e conclusións do obradoiro:
- Presentación Procesos Habitados
- Conferencia Cooperativismo de vivenda en Uruguai, por Marta Solanas
- Os Soportes, Antonio Raya
- As Persoas, Manuel García Docampo
- Os Procesos, Iago Carro
- Presentación de Conclusións
- Mesa Redonda