XESTIÓN SOCIAL DO HÁBITAT
SESIÓN 1 17-04-2015
Yayo Herrero
Propostas ecofeministas ante a crisis civilizatoria
Antropóloga, enxeñeira técnica agrícola e diplomada en Educación social. Profesora-colaboradora da Cátedra Unesco de Educación Ambiental e Desenvolvemento Sostible da UNED e actual directora de FUHEM, fundación independente sen ánimo de lucro que promove a xustiza social, a profundización da democracia e a sustentabilidade ambiental, a través da actividade educativa e do traballo en temas ecosociais. Asemade, foi co-coordinadora de Ecoloxistas en Acción entre 2005 y 2014
Posúe unha ampla experiencia de traballo, investigación e reivindicación en torno a propostas sociais dende o ecofeminismo e formas alternativas de desenvolvemento humano, así como unha dilatada traxectoria en movementos sociais de incidencia política. A súa multidisplinaridade formativa resulta especialmente salientable e abarca diversos campos das ciencias sociais, o territorio e as prácticas pedagóxicas.
SESIÓN 2 24-04-2015
Marta Fonseca – Col·lectiu Punt 6
Vida cotiá e mobilidade
Arquitecta pola Universidade Nacional de Medellín, Colombia. Dende 1991, colabora na redacción de proxectos arquitectónicos en Barcelona. É docente do curso La casa sin género no máster Laboratorio de la Vivienda del siglo XXI da UPC - Universidade Politécnica de Catalunya e no curso Planificando ciudades con ojos de mujeres: urbanismo y género na Escola da Muller.
Dende 2005 traballa co Col·lectiu Punt 6, grupo multidisciplinar formado por Roser Casanovas, Adriana Ciocoletto, Zaida Muxí, Sara Ortíz e Blanca Gutiérrez, na implementación e aplicación da perspectiva de xénero no proxecto arquitectónico e urbano en diversos ámbitos: participación, formación, reivindicación e investigación.
+ Información: www.punt6.org
Ana Gallego
Taller de arquitectura táctil; corpo e espazo
Arquitecta especialista en urbanismo pola ETSAC en 2003 e con posgrados en Programa internacional de arquitectura da Escola TKK de Helsinki e Arquitectura efímera: arquitectura y artesania da ETSAB. Actualmente imparte un obradoiro de arquitectura para grupos infantiles de altas capacidades intelectuais, no marco dun proxecto iniciativa do Departamento de Psicoloxía evolutiva da Facultade de Ciencias da Educación da USC, e se atopa elaborando unha tese doctoral sobre Fenomenoloxía e paisaxe. Forma parte do grupo de investigación Persona-Ambiente do Departamento de Psicoloxía da Universidade de A Coruña.
Joana Covelo + Iago Valverde
Se falara o monte
Joana é arquitecta pola ETSAC en 2012, e complementou os seus estudos con becas en Palermo e Rio de Janeiro. En 2013 desenvolveu o seu primeiro proxecto en Vincios, Cartografías Sensibles, e a finais de ese mismo ano é becada para facer unha investigación na Universidade Roma Tre. Actualmente traballa no estudo Castroferro (Vigo).
Iago Valverde, estudante de arquitectura na ETSAC. Dende 2012 colabora activamente en arquitecturadegalicia.eu, un proxecto de divulgación de arquitectura contemporánea, e en 2013 forma parte do proxecto Cartografías Sensibles.
+ Información: www.vincios.org www.arquitecturadegalicia.eu
SESIÓN 3 15-05-2015
Rita Radl Phillipp
A socialización en función do xénero: aspectos diversos
Licenciada en Socioloxía, Ciencias da Educación e Psicoloxía na Universidade de Darmstadt e Frankfurt (Alemaña), doctorouse na Universidade de Santiago de Compostela onde é profesora dende o curso 1979/80. Catedrática de Socioloxía, no campo da “Socioloxía da Educación”, na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela. Dirixe o Grupo interdisciplinar dos estudos das Mulleres desta Universidade, primeiro grupo de investigación sobre educación e xénero nunha Universidade Galega.
María Prats Ferret
Miradas inclusivas para repensar o espacio urbano
Doctora en Xeografía Humana, Universitat Autónoma de Barcelona (UAB). Profesora Titular de Análise Xeográfico Rexional do Departamento de Xeografía da UAB. Membro do Grupo de Investigación en Xeografía e Xénero do mesmo Departamento. Membro do Instituto Interuniversitario de Estudos de Mulleres e Xénero. Participou en proxectos de investigación e ten publicado diversos artigos e capítulos de libros relacionados cos seus principais temas de investigación: espazos públicos e usos do tempo dende unha perspectiva de xénero; xeografías da infancia e a xuventude; estudos africanos: mulleres e desenvolvemento.
+ Información: Grup de Recerca de Geografia i Gènere
José Expósito - Micromachinhos
Os homes pola igualdade: a experiencia dos Micromachiños en Compostela
Axente de Igualdade e socio fundador de Lilith Acción Social e Educativa, empresa adicada á investigación e á intervención en proxectos sociais dende a perspectiva de xénero e materializada hoxe en día na libraria feminista "Lila de Lilith" en Santiago de Compostela. Forma parte do colectivo Micromachinhos, grupo de homes de Compostela que tratan os conceptos de novas masculinidades a través do autocoñecemento e das reflexións, observacións e vivencias entre eles e os roles masculinos aceptados e asimilados pola sociedade, identificándoos e debaténdoos.
+ Información: Micromachinhos