Grazas ao financiamento da DXREUE da Xunta de Galicia a través da convocatoria de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global, xa estamos a traballar xunto ao Máster de Política Social e Intervención Sociocomunitaria no que será a segunda fase do proxecto "Agra, un barrio de coidados". Seguiremos contando coa colaboración de diferentes institucións...
En marcha a segunda edición do curso en liña Tecnoloxías Apropiadas, no marco nesta edición dun proxecto xunto a Enxeñería Sen Fronteiras e o grupo de investigación Artigo9Tech da UDC e financiamento da Xunta de Galicia sobre Tecnoloxías para o Ben Común. Información do curso (castelán, pdf 314 KB) Dende 2015 e no marco do...
Xa está en marcha a 2ª Edición do Burla Verde, un encontro festivo, autoorganizado, autofinanciado e reivindicativo pola defensa do territorio e da vida. Celebrarase en Seoane do Courel o 15 de xuño deste 2024. Contará cunha chea de actividades: obradoiros, faladoiros, concertos, circo, danza... Arquitectura Sen Fronteiras participará xunto a Outonía e co patrocinio...
Desde ASF desenvolvimos un proceso de indagación, con diversos axentes que forman parte de comunidades educativas en Galicia, tendo como foco as seguinte a pregunta: Como facer uns hábitats educativos que proporcionen vidas boas a todo o mundo, experiencias que mereza a pena ser vividas? Este material é froito da observación, da escoita, da facilitación...
É difícil abstraerse da idea dun ano que remata e non reflexionar sobre o acontecido durante os pasados doce meses. 2023 marcha deixándonos un peor escenario climático, grandes desigualdades e situacións que estremecen ao longo da xeografía. 2024 chega para que poidamos seguir traballando arreo e pensamos que a lectura e a información son claves...
Mañá comeza decembro. Temos días festivos por diante no que ademais de xuntanzas, reencontros e troula, quizais busquemos espazos para descansar, ler e apartarmos do algareo destas datas. Gustaríanos tamén acompañar a quen sinta unha soidade non buscada. Quizais veña ben abrir unha carta de novas na caixa do correo. Se cadra Devagar chega cando...
Formación aberta a toda persoa interesada e de balde, no marco do Proxecto Agra: un barrio de coidados que Arquitectura Sen Fronteiras está a desenvolver en consorcio co Mestrado de Política Social e Intervención Sociocomunitaria da UDC, e que conta coa participación activa do IES Agra I, o CEIP Raquel Camacho e varias entidades sociais...
ASF Galicia presentou dous proxectos á convocatoria de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global da DXREUE da Xunta de Galicia. Ambos foron aprobados e iniciaron a súa execución en setembro. AGRA: Un barrio de coidados Fase 1 Proxecto liderado por ASF e realizado en consorcio coa Universidade da Coruña, concretamente con alumnado e...
No marco do proxecto de educación “Participar para coidar” Fase 3, financiado pola DXREUE da Xunta de Galicia, elaboramos a exposición Un mundo de moito coidado. A idea xurde da Comisión Hábítat e coidados creada no IES Ramón Menéndez Pidal (A Coruña), como parte das estratexias de acción deste proxecto. ASF xunto con docentes do...
Presentamos a quinta edición do curso Transformando, nesta ocasión continuamos afondando nas Cartografías Críticas. O curso Transformando concíbese como un espazo de formación presencial e transdisciplinar dirixido a actores multiplicadores clave na defensa e integración do Dereito ao Hábitat na educación e na xestión social do noso entorno: profesionais e estudantes das ciencias da educación,...
Chegou o frío a este recuncho peninsular. Menos mal. Non foi sen tempo. Compartimos con vós unha nova escolma de lecturas e pasatempos para poder argallar nestes días de choiva. Escoitade como peta o vento na xanela e deixádevos levar. Novembro 2022 | Suscripción
VIII Seminario HaEH “Unha educación de moito coidado” Nos Seminarios Hábitat a Escala Humana (HaEH) de 2018 , 2020 e 2021 abordamos a reflexión sobre a mellora dos hábitats educativos nas súas dimensións físicas, culturais, sociais e políticas. Construír colectivamente espazos, culturas e prácticas coidadoras para todas as persoas que dan vida aos centros educativos,...
Eres docente de secundaria, orientador ou orientadora? Eres representante dun anpa de secundaria? Preocúpache, traballas para, ou tes ideas para que os centros de secundaria sexan hábitats máis coidadores para as persoas que os habitamos, as relacións e o entorno? Desde o grupo de Educación de Arquitectura sen Fronteiras queremos informar e convidar a facer parte...
Abrimos a primeira edición do curso en liña Tecnoloxías Apropiadas: Información do curso (castelán, pdf 3,6 Mb) No marco do curso en liña Hábitat a Escala Humana organizado por ASF Galicia dende o ano 2015, abordamos o tema das Tecnoloxías Apropiadas dedicándolle un dos 6 módulos do curso. Co tempo, a necesidade e o desexo de seguir...
Falamos novamente de Cartografías Sociais explorando o seu valor como soporte de Narrativas Dixitais. E o facemos a través das experiencias de Ruth Sousa, xestora cultural integrante da Cooperativa Almeiro e Ben Curiosa, e Nuria García, terapeuta ocupacional do Hospital de día de Psiquiatría de Ferrol. Compartiron connosco o seu achegamento e posta en práctica desta...
Queremos compartir con vós a nosa participación no Laboratorio Mutante para a Ecoloxía dos Saberes. O próximo día 11 de Xuño estaremos en Prada (Manzaneda, Ourense) na xornada “Deconstruír o Hábitat”. Pola mañá, guiadas polas compañeiras de Outonía S. Coop. Galega relizaremos o roteiro “Atravesar o abandono” subindo desde Requeixo ata a aldea de Prada...
En novembro de 2021 baixo o título Educar na incerteza liberadora tivo lugar o V Congreso de Educación para a Transformación Social. Un congreso aberto a todas as persoas, movementos e axencias transformadoras para a reflexión e o intercambio de saberes e experiencias: Arquitectura Sen Fronteiras Galicia contribuíu cunha comunicación titulada Participar para coidar, asinada por...
Organizado por Proxecto Terra e dentro do Plan Anual de Formación de Profesorado de Galicia, os pasados 25 e 26 de marzo achegámonos as aulas do CAFI en Santiago de Compostela para falar sobre Dereito ao Hábitat con docentes de todas as etapas educativas. O curso presentou o marco conceptual do dereito ao hábitat,...
Chega ao voso buzón a nosa carta de novas de primavera. Agromada coa enerxía do 8 de marzo. Publicada no día da Terra. Non é casualidade. Ecofeminismo, urbanismo con perspectiva de xénero, cidades inclusivas, interseccionalidade, educación e infancia, diversidade. Poñendo a vida no centro. É necesario. Abril 2022 | Suscripción
Queremos presentar a nosa “carta de novas”, unha newsletter que din agora, do grupo de Educación de Arquitectura sen Fronteiras de Galicia. Devagar foi o nome que escollemos: Decembro 2021 | Suscripción Está pensada para compartir con vós unha escolma das lecturas que nos interesan en torno ao dereito ao hábitat, para ir lendo con...
Aviso: entrada editada unha vez finalizado o programa O material que aquí se presenta fórxouseno marco do Programa educativo Participar para Coidar que ASF Galicia desenvolveu no marco temporal 2020-2023 nunha estrutura de catro fases ou cursos escolares. Trátouse dunha proposta de educación para a participación que tomou como eixo central formar e sensibilizar...
Presentamos a terceira edición do curso Transformando, nesta ocasión sobre Cartografías Críticas. O curso Transformando concíbese como un espazo de formación presencial e transdisciplinar dirixido a actores multiplicadores clave na defensa e integración do Dereito ao Hábitat na educación e na xestión social do noso entorno: profesionais e estudantes das ciencias da educación, socioloxía, urbanismo,...
Hoxe queremos presentarvos os contidos da segunda sesión do Seminario Hábitat a Escala Humana. Terá lugar o próximo mércores 27 de outubro ás 18:30h CEST de forma virtual a través da seguinte ligazón na plataforma zoom e en directo na nosa canle de youtube. A sesión estruturarase a través de dúas intervencións. Primeiro escoitaremos a...
Hoxe queremos presentarvos os contidos da primeira sesión do Seminario Hábitat a Escala Humana. Terá lugar o próximo mércores 20 de outubro ás 18:30h CEST de forma virtual a través da seguinte ligazón. A sesión estruturarase a través de dúas intervencións. Primeiro escoitaremos a Pablo Meira na súa conferencia Educar para +1,5 ºC entre a...
Hoxe, primeiro luns de outubro, en Arquitectura Sen Fronteiras celebramos o Día Mundial do Hábitat. En 2021, as Nacións Unidas propoñen como tema acelerar a acción urbana para un mundo libre de carbono. Queremos aproveitar esta ocasión para convidarvos á séptima edición do noso Seminario Hábitat a Escala Humana que este ano leva por título...
Hai un ano comezamos o proceso de deseño e dunha aplicación cartográfica para dispor dun recurso propio que empregar no desenvolvemento das nosas accións. No labor educativo que realizamos nos centros escolares sobre o Dereito ao Hábitat o uso das aplicacións cartográficas está presente de forma continuada e precisabamos un instrumento que nos axudase a...
O pasado 30 de abril inaugurouse no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela unha exposición conmemorativa do vixésimo aniversario do ProxectoTERRA. Unha mostra que comprende máis de 35 proxectos elaborados en diversos centros educativos galegos ao longo destes 20 anos. Trátase dunha homenaxe a todo o traballo do profesorado e...
Os pasados 14, 22 e 29 de novembro celebramos a VI edición do Seminario Hábitat a Escala Humana. O seu lema axeitado a este 2020: espazos e tempos para a vida e a educación entre paradigmas. Experiencias sobre educación, os espazos e tempos para ela, os coidados, o hábitat digno e a vida digna… Sempre…,...
O mércores 14 de outubro dará comezo a VI Edición do Seminario Hábitat a Escala humana, que contará con outras dúas sesións os xoves 22 e 29 tamén de outubro. Unha edición totalmente online nesta ocasión, por motivos que a ninguén se nos escapan. Queremos reflexionar e compartir ideas e experiencias sobre a educación, os...
A labor de Arquitectura Sen Fronteiras céntrase sobre todo en tres niñas de traballo: cooperación local, cooperación internacional e de xeito transversal a educación como ferramenta de sensibilización cara a formación dun espíritu crítico da sociedade. Todo baixo o paraugas do Dereito ao Hábitat. Neste episodio contamos con representantes de ASF Catalunya, Euskadi, Levante e...
TRANS-FORMANDO II “Espazos emocionais… Emocións espaciais” Obxectivo Transformando II ten como obxectivo facilitar un espazo de formación transdisciplinar que convida a explorar os vínculos entre o deseño e transformación de espazos educativos, a creatividade e a pedagoxía, os coidados das persoas e do entorno e a coeducación emocional e os seu vínculo co entorno social...
Rematado o pasado 20 de outubro o prazo de presentación de propostas para Asistencia Técnica para a realización dunha Liña de base e Avaliación Externa do Proxecto de Educación 2019-2020, recibiuse só una candidatura. Dado que dita candidatura cumpría todos os requisitos da convocatoria adxudicóuselle directamente a praza. Termos de referencia completos da convocatoria
Convocatoria dun proceso de selección de equipo/s para realizar traballos vinculados a renovación e actualización dos materiais didácticos para educación secundaria elaborados por Proxecto Terra Convoca Arquitectura sen Fronteiras, como entidade responsable da xestión, coordinación e desenvolvemento das actividades enmarcadas no Proxecto Terra por conta do COAG. Obxectivo da convocatoria O obxectivo desta convocatoria é...
O Dereito ao Hábitat dende un enfoque de xénero e desenvolvemento sostible Abrimos a quinta edición do noso curso en liña Hábitat a Escala Humana: O dereito ao hábitat dende un enfoque de xénero e desenvolvemento sostible. Información del curso en Castellano (pdf, 141Kb) Curso de especialización en hábitat dende un enfoque de dereitos. Realízase...
Nos últimos anos estamos a asistir, e mesmo participando, nun proceso continuo de reflexión sobre a educación. Asistimos a un boom no que as pedagoxías activas, a "innovación” educativa, están a reconsiderar os espazos educativos para poñelos ao servizo de novas formas de facer e relacionarse. Un momento de preocupación por aspectos que van máis...
Historias de vida, territorio e vulnerabilidade é o título da cartografía emocional do dereito ao hábitat na cidade da Coruña, desenvolvida por alumnado de terceiro curso do Grao en Educación Social, da Facultade de Ciencias da Educación (Universidade da Coruña) en colaboración con Arquitectura Sen Fronteiras e outras dezaseis entidades sociais, presentada o pasado 16...
Hoxe temos un programa que nos ilusiona especialmente. Por que? Polas convidadas que entrevistamos hai uns días e porque o seu traballo conecta mioto cos procesos e temas cos que tamén estamos a traballar en ASF. Facianos moita ilusión poder coñecer máis e compartir con Angela Fraga María e Raquel López Fernández, mulleres feministas, activistas,...
O obxectivo desta convocatoria é a selección dunha persoa ou un equipo consultor para a titorización do curso en liña “Hábitat a Escala Humana”, no marco do ”Proxecto de difusión do dereito ao hábitat dende un enfoque transdisciplinar e de xénero a través da formación e sensibilización de axentes multiplicadores clave e alumnado de secundaria...
O pasado luns 25 de marzo achegámonos á ETSAC, a escola de arquitectura de A Coruña, para desenvolver un obradoiro con alumnado participante na FETSAC, un festival organizado por un grupo do seu estudantado. Durante unha semana realizan diversas actividades conducidas por persoas, entidades ou colectivos invitados. O título do obradoiro foi “As Lentes do...
Repaso ás liñas de traballo do Proxecto de EpD 2018-19 de ASF Galicia, e entrevista a Ana Lampón sobre a de investigación de Solidaridade Internacional
Os pasados 17 de outubro e 21 de novembro celebramos na Facultade de Ciencias da Educación da UDC, a V edición do Seminario Hábitat a Escala Humana, este ano baixo o lema A vida no centro… Tamén na educación. Nel falamos sobre todo de participación, inclusión e coidados. E tamén, en concreto na segunda sesión,...
Como estivemos a informar nestas pasadas semanas, o 17 de outubro celebramos a 1ª Sesión da quinta edición do Seminario Hábitat a Escala Humana, e o 21 de novembro a segunda. Ambas na Facultade de Ciencias da Educación da UDC e baixo o lema A vida no centro… Tamén na educación. Moitas grazas ás persoas relatoras e...
Tras o éxito da primeira xornada, celebraremos a segunda o vindeiro mércores 21 de novembro, de 16:30 a 20:00 horas, na Facultade de Ciencias da Educación da UDC. O lema A vida no centro… Tamén na educación. Falaremos de participación, inclusión e coidados. O Profesor Javier Rouco nos falará de como traballa o pensamento crítico e a...
Queremos presentarvos dúas novas unidades didácticas diseñadas nos últimos meses e xa dispoñible na web de Rercursos Educativos de ASF. Ambas complementan a primeira Unidade Didáctica de Dereito ao Hábitat. A primeira de elas é Cidadanía Invisible, realizada por: Cristina Botana Iglesias, Francisco Javier Peteiro Cruz e Fernando Pérez Barral. A partir de Ciudadanía Invisible....
Voltamos das vacacións con dúas convidadas moi especiais. Uxía e Marta estudan no IES Ramón Menéndez Pidal da Coruña, o Zalaeta de toda a vida. Con elas, e co resto do alumnado de 1º, estivemos o curso pasado a crear 'O Refuxio', un pequeno espacio do seu patio. Aproveitamos todo ese proceso para reflexionar sobre...
Este ano teremos de novo unha edición do Seminario Hábitat a Escala Humana, a quinta xa. Celebrarase os días 17 de outubro e 21 de novembro na Facultade de Ciencias da Educación da UDC, baixo o lema A vida no centro… Tamén na educación. Falaremos de participación, inclusión e coidados plantexándonos cuestións como: Cal é o...
O Dereito ao Hábitat dende un enfoque de xénero e desenvolvemento sostible Abrimos a cuarta edición do noso curso en liña Hábitat a Escala Humana: O dereito ao hábitat dende un enfoque de xénero e desenvolvemento sostible. Información del curso en Castellano (pdf, 66Kb) Curso de especialización en hábitat dende un enfoque de dereitos. Realízase...
O pasado maio presentábase a exposición Cartografía Social do Dereito ao Hábitat na cidade da Coruña na Facultade de Ciencias da Eduación da UDC. Unha cartografía que reflicte o senfogarismo e multiculturalidade na cidade. Falábamos dela no episodio 21 de Habitando, e ágora que xa é unha realidade, a deixamos en pdf para descargar, compartir e...
Rematamos un curso máis colaborando con Proxecto Terra no Plan Proxecta da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Como todos os anos, foi unha gran experiencia que nos achegou á diversidade do alumnado e nos permitiu seguir aumentado a cartografía do dereito ao hábitat nas diferentes provincias de Galicia desenvolvendo a...
Dende principios do curso a materia Didáctica dás Ciencias Sociais II do Grao en Educación Primaria da Facultade de Educación da UDC desenvolveu o proxecto O noso espazo, cerna dá expedición dá varíola. Baixo a coordinación dos docentes Begoña Bas López e Roberto García Morís o seu alumnado, futuros mestres e mestras, traballan nesta materia...
Crecendo na diversidade é o lema das XIV Xornadas Interculturais do Concello de Cangas de Morrazo que se están a desenvolver dende o pasado 16 de abril e rematarán o 26 de maio. Un mes enteiro para participar nun proxecto que busca para os centros escolares e á poboación en xeral: Afianzar valores de cooperación,...
Reunido o comité de avaliación da convocatoria de dúas Asistencias Técnicas para a revisión de materiais e a titorización do curso en liña “Hábitat a Escala Humana”, unha vez avaliada a documentación presentada polas candidaturas e tendo en conta os criterios expostos nas Bases da Convocatoria, facemos pública a Resolución na que pódense consultar as puntuacións obtidas por cada unha...
O obxectivo desta convocatoria é a selección dunha persoa ou un equipo consultor para a revisión e actualización dos contidos e a titorización do curso en liña “Hábitat a Escala Humana”, no marco do ”Proxecto de difusión do dereito ao hábitat, con especial incidencia en modelos de gobernanza participativos, a través da sensibilización e a...
Unha das actividades do proxecto de difusión do dereito ao hábitat a través de axentes multiplicadores que estamos a desenvolver en colaboración con parte do profesorado da Facultade de Ciencias da Educación da UDC e financiado pola Xunta de Galicia, é a creación dunha cartografía social que reflectise o senfogarismo e multiculturalidade na cidade da...
Hoxe queríamos amosarvos o vídeo que preparamos conxuntamente co alumnado de 1º da ESO do IES Ramón Menéndez Pidal da Coruña para a entrega de Ludantia, bienal de Arquitectura e Educación para a infancia e mocidade, que terá lugar o próximo mes de maio. Como xa vos contamos, durante o último trimestre de ano...
No grupo de Educación para o Desenvolvemento de Arquitectura Sen Fronteiras Galicia estamos a traballar dende o mes de agosto nun novo proxecto financiado pola Xunta de Galicia e a Cooperación Galega. En consorcio coa Universidade da Coruña e baixo o título “Proxecto de difusión do dereito ao hábitat, con especial incidencia en modelos de...
Reunido o comité de avaliación da convocatoria para a Asistencia Técnica para o deseño e edición da adaptación de materiais de sensibilización á educación formal de Secundaria, e tendo en conta os criterios expostos nos Termos de Referencia, faise pública a resolución final coa puntuación obtida por cada unha das propostas. Moitas grazas a todas as...
Ata o 27 de outubro permanecerá aberta a preinscripción para o curso Trans-Formando: procesos participativos, hábitat e educación. Un curso gratuito (mais valorado en 200€ por persoa), organizado en dos módulos, cunha duración total de 24 horas, e que ten como obxectivo xenerar un espazo de formación transdisciplinar sobre metodoloxías partipativas vencelladas á transformación do...
A demarcación de Galicia de Arquitectura Sen Fronteiras e co apoio da Subdirección Xeral de Cooperación da Xunta de Galicia levará a cabo no período 2017-2018 o ”Proxecto de difusión do dereito ao hábitat, con especial incidencia en modelos de gobernanza participativos, a través da sensibilización e a educación non formal de axentes multiplicadores clave...
Rematado o prazo ampliado de presentación de propostas para a realización da Liña de Base do Proxecto de EpD 2017-2018 e reunido o comité de valoración o pasado 8 de setembro, facemos pública a Resolución da Convocatoria, na que pódense consultar as puntuacións obtidas por cada unha das candidaturas Moitas grazas a todas as persoas e equipos presentados
TERMOS DE REFERENZA COMPLETOS [PDF] Contexto A presente convocatoria ten como obxectivo a selección dunha persoa ou equipo consultor para a elaboración da liña de base do “Proxecto de difusión do dereito ao hábitat, con especial incidencia en modelos de gobernanza participativos, a través da sensibilización e a educación non formal de axentes multiplicadores clave...
O Proxecto de Educación para o Desenvolvemento liderado por Arquitectura Sen Fronteiras en consorcio coa Universidade da Coruña resultou o 2º mellor valorado na pasada convocatoria da Xunta de Galicia. Baixo o título “Proxecto de difusión do dereito ao hábitat, con especial incidencia en modelos de gobernanza participativos, a través da sensibilización e a educación...
O Concello de Cangas puxo en marcha un ano mais as XIII Xornadas Interculturais “Crecendo na diversidade”. Ao longo dos meses de maio e xuño está previsto un programa variado de actividades para os centros educativos do municipio entre os cales destacan actuacións de contacontos, proxeccións e conferencias desenvolvidas por distintas entidades para todos os...
A Unidade Didáctica Dereito ao Hábitat elaborouse no ano 2013 a iniciativa do Grupo de Educación para o Desenvolvemento de Arquitectura Sen Fronteiras Galicia. Dende entón púxose en práctica nunha morea de centros educativos.Naquel momento o grupo xa estaba a traballar nestes centros con diversos materiais a propósito dos Obxectivos do Milenio. Xurdiu a necesidade de poñer todos estes...
Acabamos de incorporar un novo pdf á nosa sección de publicacións: Criterios de diseño de viviendas mínimas en Guatemala. Nela sintetizamos os criterios empregados por Arquitectura Sen Fronteiras Galicia na construción de vivendas mínimas na costa sur de Guatemala: estruturais, bioclimáticos, de uso, hixiénicos e de saúde, de mantemento, económicos e de optimización de materiais, de...
Unha das actividades propostas na unidade didáctica Dereito ao Hábitat que soemos incluir nas visitas aos centros educativos apuntados ao Plan Proxecta, é a xeolocalización das imaxes que tomasen os rapaces e rapazas. Para elo propoñemos a utilización de Crowdmap, unha utilidade web gratuita e colaborativa na que cada instituto ou colexio pode crear todos...
No ano 2014 comezou unha frutífera colaboración entre o Proxecto Terra do COAG e Arquitectura Sen Fronteiras Galicia. Grazas a ela, e a través do Plan Proxecta, achegámonos presencialmente a unha chea de centros de ensino das nosas catro provincias, e a moitos máis a través da unidade didáctica Dereito ao Hábitat. A Revista Internacional...
Xa están dispoñibles para a súa descarga en pdf o libro de resumos e o libro de actas do pasado congreso ArCaDia 4, do que tamén tedes otro resumo no noso episodio 11 de Habitando. 64 e 251 páxinas respectivamente que non teñen desperdicio. O IV Congreso de Arquitectura e Cooperación ao Desenvolvemento ARCADIA 4 foi organizado este...
Nova actividade do Plan Proxecta, nesta ocasión o pasado 27 de abril no IES Plurilingüe Pedra da Aguia de A Ponte do Porto – Camariñas. Unha sesión con 25 rapaces e rapazas de 3º de ESO que comenzamos coa explicación a Unidade Didáctica. De seguido, exposición e comentarios sobre as fotos que días antes sacaran...
Tras os episodios 14 e 15 rematamos o ciclo adicado a Os Comúns falando con Proxecto Cárcere. Proxecto Cárcere é una plataforma da cidadanía coruñesa que intentar acadar a transformación do antigo cárcere provincial da Coruña, actualmente en desuso. Dun espazo de represión a outro representativo da convivencia libre, onde primen os usos sociais, culturais e educativos e onde...
A nosa compañeira Sabela Girón, titorizada pola Doctora en Arquitectura Amparo Casares Gallego e o apoio do grupo de Cooperación Internacional de Arquitectura Sen Fronteiras, ven de presentar con éxito o seu Traballo Fin de Grao dos estudos de arquitectura que realiza: Estudo de sistemas de saneamento básico para escolas rurais na costa sur de Guatemala. Autora: Sabela Girón Gesteira Ano:...
Seguindo coas actividades complementarias do Plan Proxecta Dereito ao Hábitat que iniciamos en marzo, contámosvos que o pasado día 6 de abril fomos visitar o IES Agra de Raíces en Cee. Durante unha mañá, tres voluntarias do grupo de Educación para o Desenvolvemento de ASF, acompañaron a setenta alumnos e alumnas de 1º da ESO...
Segundo episodio que adicamos a Os Comúns. Tras charlar con Fran Quiroga dende un punto de vista máis teórico, nesta ocasión unha ollada de preto á Comisión Aberta en Defensa do Común. Acompáñanos Manuel Monge, integrante desta plataforma nada para reivindicar a devolución gratuíta de diversos espazos da cidade da Coruña, que por motivos políticos e...
Outro ano mais comezamos as actividades complementarias para os centros inscritos no Plan Proxecta Dereito ao Hábitat do curso 2016/2017. Unha proposta do Proxecto Terra e o grupo de Educación para o Desenvolvemento de Arquitectura Sen Fronteiras. O pasado día 8 de marzo visitamos o CPI de Castroverde (Lugo) onde desenvolvemos a Unidade Didáctica Dereito...
O pasado venres 11 de novembro fomos invitados a participar como poñentes na segunda xornada de formación de Ludantia, a I Bienal internacional de Educación en Arquitectura, organizada polo COAG e o Concello e a Deputación de Pontevedra. O motivo do encontro foi compartir experiencias educativas desenvolvidas dende a arquitectura e a arte enfocadas á...
As nosas voluntarias e voluntarios dos grupos de traballo de Educación para o Desenvolvemento e de Cooperación Internacional presentaron un proxecto cada un aos IV Premios ao Voluntariado Universitario da Fundación Mutua Madrileña: un proxecto de Difusión do Dereito ao Hábitat e o Proxecto Educativo N’oj respectivamente. Todos e todas podedes apoiarnos e axudarnos a levar estes proxectos un...
O documental El derecho a un techito realizado por AGARESO, Asociación Galega de Reporteiros Solidarios, de novo en A Coruña. Proxectarase o vindeiro xoves 15 de setembro na sede do Colexio Oficial de Arquitectos da Coruña ás 20.00 horas. Tras a proxección, de 25 minutos, presentarase a publicación Ciudadanía Invisible, que repasa as historias de...
Queremos presentarvos a publicación Catro Paredes: Antoloxía sobre dereito ao hábitat. Como moitos recordaredes, a finais do pasado ano organizamos o I Certame de relato breve e ilustración: Catro Paredes. Esta iniciativa forma parte das accións que estamos a desenvolver dende o grupo de Educación para o desenvolvemento de ASF Galicia en asociación con Tinta...
Durante o pasado mes de maio celebramos a cuarta edición do Seminario Hábitat a Escala Humana baixo o título TOMA PARTE! Reflexións e propostas sobre a participación no contexto post 15M. Tres sesións adicadas a primeira á participación dende un punto de vista máis teórico, a segunda para achegar experiencias de participación en contornas urbanas e rurais,...
A continuación os vídeos das tres sesións do IV Seminario Hábitat a Escala Humana: TOMA PARTE! Reflexións e propostas sobre a participación no contexto post 15M SESIÓN 1 – 13 de maio de 2016 Manuel Delgado Monserrat Galcerán Sesión 2 – 19 de mayo de 2016 Fran Quiroga Michael Janoschka SESIÓN 3 – 26 de...
TOMA PARTE! Reflexións e propostas sobre a participación no contexto post 15M O vindeiro xoves 26 de maio o Espazo Cubo da Normal acollerá a partir das 18:30h a terceira sesión do IV Seminario Hábitat a Escala Humana. Entrada libre ata agotar o aforo. Esta última sesión do seminario consistirá nunha mesa redonda na que...
TOMA PARTE! Reflexións e propostas sobre a participación no contexto post 15M O vindeiro xoves 19 de maio o Espazo Cubo da Normal acollerá a partir das 18:30h a primeira sesión do IV Seminario Hábitat a Escala Humana. Fran Quiroga e Michael Janoschka serán os relatores esta segunda sesión na que nos plantexaremos as respostas...
TOMA PARTE! Reflexións e propostas sobre a participación no contexto post 15M O vindeiro venres 13 de maio o Espazo Cubo da Normal acollerá a partir das 18:30h a primeira sesión do IV Seminario Hábitat a Escala Humana. Monserrat Galcerán e Manuel Delgado abrirán esta cuarta edición centrándose nos novos marcos e actores que atopamos...
A falta dalgún colectivo participante na mesa redonda da 3ª sesión, xa temos pechado o cartel de personalidades e entidades que nos falarán desde distintos puntos de vista sobre procesos participativos na IV Edición do Seminario Hábitat a Escala Humana. 1ª SESIÓN Venres 13 de maio, 18:30 a 21 horas MANUEL DELGADO “O activismo desactivado....
Os próximos venres 13, e xoves 19 e 26 de maio o Espazo Cubo da Normal acollerá a IV Edición do Seminario Hábitat a Escala Humana: TOMA PARTE! Reflexións e propostas sobre a participación no contexto post 15M. Organizado polo Grupo de Educación para o Desenvolvemento de ASF Galicia, o Seminario Hábitat a Escala Humana...
Durante a presentación de Ciudadanía Invisible O pasado 8 de abril presentamos a publicación Ciudadanía Invisible na Casa Museo Casares Quiroga. No evento participaron os compañeiros e compañeiras de Tinta Bacanal, Santiago Avión como prologuista do libro e varias das persoas protagonistas das historias tanto de Galicia como de Guatemala. Moitos de vós preguntastes por...
Tras varias colaboracións puntuais en proxectos de educación anteriores, o Proxecto Terra propúxonos presentar conxuntamente un programa para o Plan Proxecta deste curso 2015/2016 da Consellería de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. A iniciativa ten por obxectivo fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan...