Arcadia IV

Congreso sobre Arquitectura y Cooperación al Desarrollo
Galicia. 2016

Nome do proxecto: ArCaDia IV.

Lugar: A Coruña

Data de execución: 2016

Financiador: ETS Arquitectura, Universidade da Coruña

Demarcación responsable: Arquitectura Sen Fronteiras Galicia

Contraparte: ETS Arquitectura A Coruña

O IV Congreso de Arquitectura e Cooperación ao Desenvolvemento ArCaDia IV foi organizado este ano pola Universidade da Coruña: a Escola Técnica Superior de Arquitectura e a Oficina de Cooperación e Voluntariado. Celebrouse dando continuidade ás tres edicións celebradas anteriormente en Madrid, Las Palmas de Gran Canaria e Sevilla. O seu tema principal foi "O senso social do hábitat", centrándose no aspecto social do hábitat, na relación complexa da sociedade humana co seu hábitat.

Arquitectura Sen Fronteiras participou neste congreso formando parte do comité científico coa presenza de Soledad Bugallo na revisión de comunicacións e moderando a mesa redonda do módulo 3 do congreso: Mulleres. Desde a habitabilidade básica á xestión social do hábitat. Tamén foi presentado, neste mesmo módulo, o documental El Derecho a un Techito. As persoas voluntarias de ASF deron apoio loxístico á organización do congreso.

Coa colaboración de: