Investigación - Acción - Formación

para fortalecer a educación e integración do Dereito ao Hábitat. Fase I
A Coruña, Galicia. 2019-2020

Nome do proxecto: Investigación - Acción - Formación para fortalecer a educación e integración do Dereito ao Hábitat en centros educativos de secundaria e entre axentes multiplicadores clave en Galicia Fase 1

Lugar: A Coruña, Galicia

Data de execución: 2019-2020

Financiador: Xunta de Galicia

Presuposto: 39.060 € (34.860 € subvencionados)

Demarcación responsable: Arquitectura Sen Fronteiras, Galicia

Tras varios anos de experimentar con diversas metodoloxías e estratexias en centros educativos de secundaria, iniciamos un proceso en catro fases que aglutina accións de sistematización, investigación-acción, e accións de formación sobre o Dereito ao Hábitat con esta poboación de secundaria e axentes multiplicadores ligados a ela (docentes, profesionais da arquitectura ligados a procesos participativos, educativos, educación non formal, alumando destas disciplinas, etc).

Continuamos a traballar no IES Menéndez Pidal co "Obradoiro Participar para Coidar", pero neste caso coa intención de facelo de forma continua co alumnado que entrou en 2019 no centro ata que remate a súa etapa da ESO, unha fase en cada curso, de cara a poder transmitir de forma eficiente a nosa visión sobre o Dereito ao Hábitat.

As catro fases constitúen unha proposta de itinerario que segue unha lóxica interna de análise progresiva da realidade complexa. Non son compartimentos estancos e seguen un fío argumental tratando sucesivamente as dimensións persoal, grupal, socioespacial e política.

Na primeira "Habitando a propia pel" traballamos o hábitat e as emocións, o coidado das persoas e o autocoidado.

Por mor do éxito que tivemos co “Curso Transformando” no ano 2017 decidimos reeditalo neste proxecto de cara a formar no eido da educación formal e non formal en centros educativos.

O grupo de Educación comezaremos un proceso de Sistematización e Investigación do noso traballo para mellorar a execución dos nosos proxectos, contando nesta primeira fase coa axuda de consultoras externas e co profesorado da UDC (co que xa colaboramos en proxectos anteriores).

A partir do Podcast Habitando (episodios 33 a 35), a VI Edición do Seminario Hábitat a Escala Humana e da actualización da web de Recursos Educativos de ASF Galicia continuamos a mellorar a divulgación das nosas actividades de cara a axentes externos.

Finalmente, buscando a mellora contínua nas habilidades e coñecementos das persoas que integran o grupo de Educación de ASF Galicia, seguimos a contar con formacións internas dentro do proxecto.

Coa colaboración de: