Investigación - Acción - Formación

para fortalecer a educación e integración do Dereito ao Hábitat. Fase II
A Coruña, Galicia. 2020-2021

Nome do proxecto: Investigación - Acción - Formación para fortalecer a educación e integración do Dereito ao Hábitat en centros educativos de secundaria e entre axentes multiplicadores clave en Galicia Fase 2

Lugar: A Coruña, Galicia

Data de execución: 2020-2021

Financiador: Xunta de Galicia

Presuposto: 38.895 € (34.985 € subvencionados)

Demarcación responsable: Arquitectura Sen Fronteiras, Galicia

Tras a primeira fase "Habitando a propia pel" do "Obradoiro Participar para Coidar" co alumnado de 1º de ESO do IES Ramón Menéndez Pidal, abordamos o hábitat e as relacións, o coidado dos grupos e o autocoidado na segunda fase "Pel con pel" con ese mesmo alumnado xa en 2º de ESO.

Tivemos a "3ª edición do Curso Transformando" no que formamos a actores multiplicadores clave na defensa e integración do Dereito ao Hábitat na educación e na xestión social do noso entorno sobre as cartografías críticas, tanto nas aulas como en espazos informais, ofertando coñecementos pedagóxicos, ferramentas e exercicios prácticos, e presentando experiencias de colectivos e profesionais no eido do mapeo colaborativo e a cartografía social.

Adicamos baixo o título de Transformar a necesidad en desexo, mobilizar para a transición ecosocial na educación a VII edición do Seminario Hábitat a Escala Humana a reflexionar e indagar sobre os paradigmas e fendas para unha vida digna e o concepto de Dereito ao Hábitat en tempos de pandemia e crisis ecosocial.

Unha necesidade presente no labor educativo que realizamos nos centros escolares sobre o Dereito ao Hábitat é o uso de aplicacións cartográficas. Precisabamos dun instrumento que nos axudase a sistematizar xeográficamente as nosas experiencias e aprendizaxes. Para dispor dun recurso propio xurdiu Mapeo Colaborativo, unha ferramenta gratuíta e de uso libre coa que elaborar cartografías de modo colaborativo sobre calquera temática que resulte de interese.

E de novo seguimos a compartir experiencias propias e alleas no noso Podcast Habitando, do ProxectoTerra no episodio 36, aprendendo de Ergosfera sobre participación e cidade no 37, e entrevistando a Jorge Raedo sobre enredar artes e educación no episodio 38.

Coa colaboración de: