Investigación - Acción - Formación
para fortalecer a educación e integración do Dereito ao Hábitat. Fase III
A Coruña, Galicia. 2021-2022
Nome do proxecto: Investigación - Acción - Formación para fortalecer a educación e integración do Dereito ao Hábitat en centros educativos de secundaria e entre axentes multiplicadores clave en Galicia Fase 3
Lugar: A Coruña, Galicia
Data de execución: 2021-2022
Financiador: Xunta de Galicia
Presuposto: 39.329 € (34.829 € subvencionados)
Demarcación responsable: Arquitectura Sen Fronteiras, Galicia
Na terceira fase do Obradoiro "Participar para Coidar" xa co alumnado do IES Ramón Menéndez Pidal en 3º de ESO, traballamos o estado do noso hábitat e o coidado da contorna: “o común” baixo o lema "A pel do mundo".
Organizamos o "Encontro un IES de Moito Coidado" para facilitar un espazo de indagación e reflexión grupal no que convidamos a actores clave vencellados desde diferentes roles á educación formal: docentes de secundaria, universitarios, familias, representantes de entidades sociais e educativas públicas ou do terceiro sector, etc.
Puxemos o foco nas achegas necesarias e imprescindibles da educación ecosocial, o ecofeminismo e a perspectiva inclusiva na educación como piares sobre os que construír “Unha educación de moito coidado” no VIII Seminario Hábitat a Escala Humana. Contamos con Yayo Herrero, Nacho Calderón e Antón Fontao, Jorge Osa e Leo Osa de Estudiantes por la Inclusión.
Adicamos o Transformando IV a formar en Dereito ao Hábitat a profesorado de secundaria a través do CAFI.
Ao podcast Podcast Habitando, episodios 39, 40 e 41, sumamos nesta fase a Newsletter Devagar para compartir contidos en torno ao dereito ao hábitat. Nesta ocasión unha escolma das lecturas para ir lendo con lentitude, sen présa.





