Investigación - Acción - Formación

para fortalecer a educación e integración do Dereito ao Hábitat. Fase IV
A Coruña, Galicia. 2022-2023

Nome do proxecto: Investigación - Acción - Formación para fortalecer a educación e integración do Dereito ao Hábitat en centros educativos de secundaria e entre axentes multiplicadores clave en Galicia Fase 4

Lugar: A Coruña, Galicia

Data de execución: 2022-2023

Financiador: Xunta de Galicia

Presuposto: 40.025 € (34.975 € subvencionados)

Demarcación responsable: Arquitectura Sen Fronteiras, Galicia

Nesta fase 4 abordamos a dimensión política do Dereito ao Hábitat ofrecendo ao alumnado do IES formación e referencias próximas sobre a participación social e a transformación do noso hábitat, contando para elo con entidades significativas nos diversos temas e dimensións que abordamos con alumando nos obradoiros das fases previas. Pechamos así o ciclo desde A propia pel da fase 1 na que traballamos hábitat e emocións, ata esta fase catro Mudando Peles na que aprendemos como transformamos colectivamente o noso contorno, o noso hábitat para camiñar cara entorno dignos, coidadores e coidados.

Elaboramos unha Cartografía Crítica do Barrio de Montealto da man da profesora Olga Aguiar do IES Ramón Menéndez Pidal e o seu alumnado de 3º de ESO.

Continuamos a afondar nas Cartografías Críticas no Transformando V, esta vez como caso práctico o mapeo colectivo do barrio de Atochas Montealto.

Desenvolvemos varios cursos dirigidos específicamente a axentes multiplicadores, como o curso en liña Tecnoloxías Apropiadas aberto a calquera persoa interesada.

Contamos con Farmamundi, coa responsable da unidade de atención á diversidade da UDC Sonia Seijas e con Enxeñería Sen Fronteiras nos episodios 42, 43 e 44 respectivamente do Podcast Habitando, e publicamos tres novos números da Newsletter Devagar.

Elaboramos e publicamos as unidades didácticas correspondentes ás fases 3 e 4 do Obradoiro Participar para Coidar, que acompañamos coa Guía Un IES de Moito Coidado: o proceso levounos a pensar en qué preguntas, a modo de guías, nos temos que facer hoxe para avanzar nese camiño. Identificar que prácticas, que experiencias, que actitudes están axudando a percorrelo. Este é un documento para acompañarnos nese proceso, dese inmenso e apaixoante camiño de educarnos e coidarnos.

Coa colaboración de: