Plan Proxecta 2016-17

para fomentar a innovación educativa nos centros escolares de Galicia
Galicia. 2016-2017

Nome do proxecto: Plan Proxecta para fomentar a innovación educativa nos centros educativos de Galicia

Lugar: A Coruña, Lugo, Galicia

Data de execución: 2016-2017

Financiador: Proxecto Terra, Xunta de Galicia

Demarcación responsable: Arquitectura Sen Fronteiras Galicia

Contraparte: Proxecto Terra

Como continuación do curso anterior, participouse co Proxecto Terra dentro do Plan Proxecta do curso 2016-2017 da Consellería de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Este proxecto de cooperación no mundo da educación está dirixido ás distintas etapas da Educación Obrigatoria, co obxectivo de poñer a disposición dos centros educativos un conxunto de instrumentos didácticos que contribúan a introducir ao alumnado galego no mundo da arquitectura, a ordenación integrada no territorio e o seu impacto na calidade de vida das persoas.

ASF ven participando nesta actividade de forma continuada desde o curso 2015-2016. Traballamos co concepto de hábitat a partir da Unidade Didáctica “Dereito ao Hábitat” elaborada pola cooperativa galega Hábitat Social, así coma con todo o material educativo que ASF ten dispoñible na web de recursos educativos. Foron moitos os centros interesados en recibir os materiais didácticos e elaborar propostas educativas e, como actividade complementaria, achegámonos a tres centros educativos a realizar un obradoiro según os intereses de cada proxecto:

  • IES Agra de Raíces (Cee, A Coruña)
  • CPI Castroverde (Castroverde, Lugo)
  • IES Pedra da Águia (Camariñas, A Coruña)

Coa colaboración de: