Plan Proxecta 2017-18

para a innovación educativa Dereito ao Hábitat
Galicia. 2017-2018

Nome do proxecto: Plan Proxecta para a innovación educativa Dereito ao Hábitat curso 207-2018

Lugar: A Coruña, Lugo, Galicia

Data de execución: 2017-2018

Financiador: COAG

Orzamento: 1.000 €

Demarcación responsable: Arquitectura Sen Fronteiras Galicia

Contraparte: Proxecto Terra

Nesta edición do Plan Proxecta o tema elixido para traballar foi o Dereito ao hábitat. Compartiuse nos centros de primaria e secundaria a unidade didáctica do Dereito ao Hábitat, preparada pola Cooperativa Hábitat Social, así coma todo o material educativo que en ASF temos na nosa web de recursos educativos.

Trinta e seis centros das catro provincias galegas amosaron interese e promoveron a realización de proxectos baixo este tema. Dende ASF deuse apoio e seguimento aos centros involucrados a través da realización de actividades complementarias na aula, reunións co corpo docente e seguimento sobre as iniciativas desenvolvidas. Realizáronse actividades complementarias nos seguintes centros educativos:

  • IES Catabois (Ferrol, A Coruña)
  • CEIP As Forcadas (Corme, A Coruña)
  • CPI Castroverde (Castroverde, Lugo)
  • IES Milladoiro (Milladoiro, A Coruña)
Coa colaboración de: