Proxecto de Difusión do Dereito ao Hábitat
con especial incidencia en modelos de gobernanza participativos
A Coruña, Galicia. 2017-2018
Nome do proxecto: Proxecto de difusión do dereito ao hábitat, con especial incidencia en modelos de gobernanza participativos, a través da sensibilización e a educación non formal de axentes multiplicadores clave e alumnado de secundaria na cidade da Coruña
Lugar: A Coruña, Galicia
Data de execución: 2017-2018
Financiador: Xunta de Galicia
Presuposto: 59.434 € (44.860 € subvencionados)
Demarcación responsable: Arquitectura Sen Fronteiras, Galicia
Contraparte: Universidade da Coruña
Proxecto en consorcio coa Universidade da Coruña que ten como obxectivo principal sensibilizar e formar sobre os aspectos do hábitat e as súas dimensións transversais (xénero, interculturalidade, xestión social) facendo un especial fincapé na gobernanza a través da participación.
Focaliza a súa labor en tres contextos concretos:
- En primeiro lugar están os axentes multiplicadores (alumnado de Ciencias da Educación da UDC) para traballar sobre o dereito ao hábitat no seu papel presente e futuro como educadores formais e non formais, así como de profesionais e alumnado de arquitectura que poida adquirir este concepto de dereito ao hábitat desde un enfoque social e de dereitos
- Por outra banda, abordamos tamén a incidencia na comunidade educativa de secundaria proporcionando formación a alumnado e profesorado do IES Ramón Menéndez Pidal da Coruña que demandou traballar de xeito participativo e vivencial aspectos relacionados co Dereito ao Hábitat facendo no seu contorno inmediato un laboratorio de aprendizaxe teórico e práctico sobre o papel da cidadanía na transformación do noso entorno
- E en último lugar, quérese incidir na mellora dos coñecementos e competencias do persoal contratado e voluntario de ASF-Galicia sobre as necesidades de partida da poboación á que nos estamos a dirixir
Para cumprir os obxectivos do proxecto nestes contextos propoñéronse as seguintes actividades:
- Curso presencial "Trans-formando: procesos participativos, hábitat e educación". Formación para dar a coñecer ferramentas e metodoloxías participativas tanto no eido educativo como no eido do urbanismo participativo. As formadoras foron as cooperativas Altekio, Taller Abierto e Raons Públiques.
- Formación axentes multiplicadores en CC. Educación da UDC: para a realización dunha cartografía social da cidade da Coruña por alumnado dos Graos de Educación e Traballo. O estudo Rurbán elaborou as guías para realizar o traballo. Alumnado do Máster de Profesorado deseñou unha exposición para amosar ao público o resultado deste traballo. Tamén dentro da formación a axentes multiplicadores enmárcanse as actividades de “Palabras que moven o mundo” e “O noso espazo: cerna da expedición da variola”.
- Podcast Habitando: episodios 19 a 27: presentamos o noso proxecto, falamos sobre as cartografías sociais, a participación cidadá e da cooperativa de Mulleres Colleiteiras, das actividades desenvolvidas cartografías sociais, expedición Balmis e a experiencia "Participar para Transformar" no IES Ramón Menéndez Pidal, contamos coa participación doutras entidades como Raons Publiques, e cubrimos o acontecido na Bienal Internacional Ludantia de educación en arquitectura.
- Cuarta edición do curso en liña “Hábitat a Escala Humana”. Actualizáronse os módulos para a nova edición do curso
- V Seminario Hábitat a Escala Humana "A vida no centro… Tamén na educación: inclusión e coidados".
- Obradoiro no IES Ramón Menéndez Pidal "Participar para transformar" co alumnado de 1º da ESO. Sesións teóricas dentro do horario lectivo sobre participación, xénero, hábitat e interculturalidade. Enmarcado na participación na Bienal Internacional Ludantia contamos cun grupo motor de alumnas e alumnos voluntarios para transformar o patio do centro.






