Proxecto de Difusión do Dereito ao Hábitat

a través da formación e sensibilización de axentes multiplicadores clave
A Coruña, Galicia. 2018-2019

Nome do proxecto: Proxecto de difusión do dereito ao hábitat dende un enfoque transdisciplinar e de xénero a través da formación e sensibilización de axentes multiplicadores clave e alumnado de secundaria na cidade de a Coruña

Lugar: A Coruña, Galicia

Data de execución: 2018-2019

Financiador: Xunta de Galicia

Presuposto: 56.900 € (43.850 € subvencionados)

Demarcación responsable: Arquitectura Sen Fronteiras, Galicia

Contraparte: Universidade da Coruña

Proxecto en consorcio coa Universidade da Coruña que ten como obxectivo principal sensibilizar e formar sobre o Dereito ao Hábitat atendendo ás súas dimensións diversas (física, social, política, simbólica e cultural) cun enfoque transdisciplinar dende a perspectiva da arquitectura e o urbanismo, a socioloxía e educación en valores dende un enfoque de dereitos facendo especial incidencia nas dimensións de xénero e gobernanza.

O obxectivo abórdase dende tres líneas estratéxicas.

  • Con axentes multiplicadores. En colaboración coa Universidade da Coruña fórmase a futuros profesionais da educación formal, non formal e da arquitectura a través de diferentes actividades: cartografías sensibles, cursos en liña, podcast, unidades didácticas
  • Co alumnado de secundaria. En colaboración co equipo de orientación, tutoras e dirección do IES Ramón Menéndez Pidal lévase a cabo un taller vivencial ao longo dun curso escolar para traballar a participación e os coidados
  • Fortalecemento de capacidades e coñecementos da entidade.

Para cumprir os obxectivos do proxecto nestes contextos propoñéronse as seguintes actividades:

- Revisión de contidos e V Edición do curso en liña: Hábitat a escala humana. Introdución ao dereito ao hábitat desde un enfoque de xénero e desenvolvemento sostible

- Formación axentes multiplicadores en CC. Educación da UDC: para proporcionar ao alumnado coñecemento sobre o hábitat desde un enfoque de dereitos e desde materiais didácticos para traballalo. Isto permitiu non so ter unha formación básica sobre dereito ao hábitat e as súas dimensións desde un enfoque social, senón desenvolver metodoloxías e ferramentas de xeito práctico polo alumnado para traballalo nun futuro no seu rol como educadores e educadoras formais ou no eido social. Entre as propostas plantexadas traballouse o dereito ao hábitat desde “O noso espazo: cerna da Expedición da varíola” e "Historias de vida e territorio: cartografía emocional do dereito ao hábitat na cidade da Coruña desde a mirada da exclusión social".

- Podcast Habitando: episodios 28 a 32: contamos con varias experiencias de transformacións de patios escolares, estudantado de arquitectura nos comentou o enriquecedor de facer un traballo fin de grao ou fin de mestrado sobre habitabilidade básica, da quinta edición de PlayGrounds en Compostela e contamos coa participación doutras entidades como Intered e Solidaridade Internacional.

- Sensibilización multiplicadores UDC sobre dereito ao hábitat desde un enfoque social e de dereitos mediante a montaxe no vestíbulo da ETS de Arquitectura da exposición “Dereito ao hábitat: cartografía social da cidade da Coruña”.

- Obradoiro participativo Participar para coidar no IES Ramón Menéndez Pidal: en continuidade ao traballo iniciado neste sentido no curso 2017-18 e coa finalidade de sensibilizar sobre o dereito ao hábitat a través dun proceso participativo e vivencial que combinou sesións mais teóricas e de análise e reflexión, como base conceptual para o traballo noutras sesións de taller para cocrear propostas de mellora do seu centro e doutras para executalas por parte do alumnado.

Coa colaboración de: