Proxecto D’Hábitat de Difusión do Dereito ao Hábitat

na comunidade educativa universitaria e de secundaria
A Coruña, Galicia. 2013-2014

Nome do proxecto: Proxecto de difusión do dereito ao hábitat a través da sensibilización e a educación formal na comunidade educativa

Lugar: A Coruña, Galicia

Data de execución: 2013-2014

Financiador: Xunta de Galicia

Presuposto: 73.420 €

Demarcación responsable: Arquitectura Sen Fronteiras, Galicia

Contraparte: Universidade da Coruña

Ficha: PDF

Proxecto D'Hábitat

O proxecto xorde como a constatación por parte de Arquitectura Sen Fronteiras das carencias formativas e de sensibilización no ámbito da habitabilidade na comunidade educativa da Coruña.

Esta intervención planéase en consorcio coa Universidade da Coruña. Lévase a cabo a través da colaboración entre ASF e un grupo de profesores e profesoras da Escola Técnica Superior de Arquitectura comprometidos técnica e socialmente con cubrir estas carencias. Formalizouse baixo o acrónimo d’Habitat.

O obxectivo da proposta foi formar e sensibilizar no dereito ao hábitat na ensinanza secundaria e universitaria da Coruña. Por unha banda, buscou a visualización de problemáticas relacionadas cos dereitos humanos, o hábitat e as súas dimensións transversais, e a vivenda e a cidade en contextos locais e internacionais. Ademais, ofreceu ferramentas técnicas aos futuros profesionais do hábitat.

- 1ª edición do curso en liña Hábitat a Escala Humana, habilitando módulos de Dereito ao hábitat e a cidade, Habitabilidade Básica, Xestión Social, Interven- ción Social e Tecnoloxías Apropiadas
- 2ª edición do seminario Hábitat a Escala Humana, orientando as conferencias aos módulos do curso en liña
- Obradoiro de verán Procesos Habitados
- Elaboración dunha plataforma web de intercambio de coñecemento
- Sesións de intercambio de experiencias entre profesorado de diferentes universidades sobre o enfoque social na ensinanza de arquitectura
- Apertura da sección da biblioteca da ETSAC, Biblioteca para o outro 90%
- Celebración do mes do Hábitat 2013 e 2014 con exposicións e conferencias
- Elaboración dunha unidade didáctica sobre o Dereito ao Hábitat para o segundo ciclo de educación secundaria
- Sensibilización a través de videoforum en centros educativos de primaria e secundaria sobre os asentamentos precarios da cidade da Coruña.

Coa colaboración de: