Dende agosto de 2018 estamos a desenvolver en Arquitectura Sen Fronteiras Galicia un novo Proxecto de Educación para o Desenvolvemento financiado pola Xunta de Galicia e a Cooperación Galega. Un proxecto bianual en continuidade co anterior 2017-2018 con tres liñas principais: a formación de axentes multiplicadores no dereito ao hábitat, o traballo directo neste senso co alumnado dun centro de secundaria e por último a formación do propio voluntariado de ASF. Neste episodio facemos un rápido repaso a cada una delas.
E tamén queríamos tamén coñecer de primeira man o traballo doutras organizacións que se adican a EpD. Entre todas elas interésanos moito a labor de investigación que realiza desde hai anos Solidaridade Internacional. Entrevistamos a Ana Lampón que nos comentou a experiencia de traballar en centros de educación formal, e os proxectos de investigación desenvolvidos en asociación coa Universidade da Coruña.
Ligazóns de interese:
- Galegas 8M: cara á folga de mulleres

Ep.28 EpD con Solidaridade Internacional: Descargar
Créditos
Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons.
- A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II
- A la Huelga, mulleres manifestantes o 8 de marzo de 2018 en Bilbao
Subscrición
Contacto
gtcomunicacion.gal[arroba]asfes.org | @ASF_Habitando | Facebook
Compartir:
- Imprimir (Se abre en una ventana nueva) Imprimir
- Fai clic para enviar unha ligazón por correo electrónico a un amigo (Se abre en una ventana nueva) Correo-e
- Fai clic para compartir en X (Se abre en una ventana nueva) X
- Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva) Facebook
- Compartir en Linkedin (Se abre en una ventana nueva) LinkedIn
Deixa unha resposta