A experiencia colaborativa de ASF e Proxecto Terra nos centros educativos de Galicia explicada na revista RIEJS

Revista RIEJS 2017No ano 2014 comezou unha frutífera colaboración entre o Proxecto Terra do COAG e Arquitectura Sen Fronteiras Galicia. Grazas a ela, e a través do Plan Proxecta, achegámonos presencialmente a unha chea de centros de ensino das nosas catro provincias, e a moitos máis a través da unidade didáctica Dereito ao Hábitat.

A Revista Internacional de Educación para la Justiza Social (RIEJS) ofreceunos a oportunidade de explicar toda esa experiencia educativa nun extenso e concienzudo artigo: O Enfoque do Dereito ao Hábitat na Educación Formal de Galicia. Podedes atopalo no seu último número publicado Vol. 6, Núm. 1 (2017): Arquitectura y Educación para la Justiza Social, dispoñible en pdf en descarga gratuita.

El enfoque del Derecho al Hábitat en la Educación Formal de Galicia
(pdf, 644KB)

Moitas grazas a RIEJS, e por suposto ao Proxecto Terra.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.