Exposición ‘Un mundo de moito coidado’

No marco do proxecto de educación “Participar para coidar” Fase 3,  financiado pola DXREUE da Xunta de Galicia, elaboramos a exposición Un mundo de moito coidado.

A idea xurde da Comisión Hábítat e coidados creada no IES Ramón Menéndez Pidal (A Coruña), como parte das estratexias de acción deste proxecto.

ASF xunto con docentes do IES, alumnado e Anpa forma parte desta comisión, e asumiu a tarefa de elaborar un material educativo sinxelo, con enfoque ecosocial e que estivese accesible a todo o alumnado. Un material que servise como disparador para abordar temas relacionados cos coidados, os modos de produción e consumo, o cuestionamento do noso modelo económico, e coas posibilidades e alternativas de acción individual e colectiva que temos para transformar cara un modelo coidador das persoas, as relacións e o entorno.

Podedes descargar o material en pdf e empregalo libremente: proxectalo, imprimilo, ou reproducilo en formato para expoñer.

Descarga: Un mundo de moito coidado

 

« Previous Post

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.