Nova actividade do Plan Proxecta, nesta ocasión o pasado 27 de abril no IES Plurilingüe Pedra da Aguia de A Ponte do Porto – Camariñas.
Unha sesión con 25 rapaces e rapazas de 3º de ESO que comenzamos coa explicación a Unidade Didáctica. De seguido, exposición e comentarios sobre as fotos que días antes sacaran de varios lugares da súa contorna. Unha charla chea de intervencións que se alongou máis do previsto. Para rematar, proxectamos o audiovisual Pedra Papel sobre a realidade dos nenos e nenas do asentamento precario de A Pasaxe.
Tiñamos preparado un xogo de rol no que poñerse no lugar de persoas de diferente condición, idade, xénero e circunstancias, mais quedará para outra ocasión.
Grazas a todos e todas. Foi un pracer compartir convosco esta sesión que se nos fixo tan curta.
Ata a próxima!
Deixar unha resposta