En Arquitectura Sen Fronteiras estamos de celebración. No día de onte, luns 2 de Maio, a cooperativa Mulleres Colleiterias impulsada dende o traballo da organización, deu un importante paso na súa consolidación e o seu posicionamento na xestión e recollida de aceite vexetal na cidade a través da firma dun convenio coa Concellería de Medio Ambiente de A Coruña. Esta colaboración terá una duración inicial de cinco anos, prorrogables dous máis. Con este apoio, o Concello comprométese a colocar 20 novos contedores nas vías públicas da cidade, nos arredores dos mercados municipais e centros cívicos, os cales se sumarán seis aportados pola cooperativa.
Con este proxecto non só se fomenta un tratamento adecuado dos residuos domésticos, ao sistematizar a súa recollida e posterior tratamento nun proceso local. Ademáis, a iniciativa Mulleres Colleiteiras promove o emprego feminino e a inserción sociolaboral de persoas en situación de exclusión social.
Queremos dar a noraboa a Lourdes e a Esther, mulleres cooperativistas que poñen cada día toda a súa ilusión e traballo neste proxecto e a todas aquelas persoas que o fixeron posible, pasiño a pasiño. E o que aínda daremos que falar!
Deixar unha resposta