Recentemente a nosa contraparte en Guatemala ASIAPRODI, co financiamiento da Cooperación Galega e a Generalitat Valenciana, impartiu unha formación especialmente deseñada para o Comité de Auga da Comunidade Mam Cajolá na que estamos a traballar. O Comité da auga é o organismo responsable de garantir o mantemento e o bo uso da rede de abastecemento da comunidade. Tivo como obxectivo dar a coñecer os pormenores técnicos de cada un dos elementos da rede, e o mantemento necesario para cada un deles.
A formación incluíu demostracións prácticas como as que mostran as imaxes: a correcta aplicación do teflón nas acometidas domiciliares. Esta técnica é esencial para asegurar que as conexións de billas e demais dispositivos domiciliarios se efectúen de maneira óptima, garantindo que cada familia dispoña dun servizo de auga eficiente e duradeiro.
Actividades como esta non só promoven a eficiencia na xestión da auga, senón que tamén fortalecen o tecido social impulsando á comunidade para coidar e preservar un dos seus bens máis prezados.





Deixa unha resposta