25 de Novembro: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres
Non podiamos deixar escapar a oportunidade de falar das violencias machistas, coincidindo ademais esta celebración no día de publicación de Habitando. Nunca poderemos falar dun hábitat digno mentres non desterremos este tipo selectivo de violencias contra a metade da humanidade, exercido por case toda a outra metade. Violencias en múltiples formas: física, psíquica, económica, sexual, simbólica, institucional...
Para falar de todas elas hoxe acompáñanos Mariam Ferreiro, traballadora social do centro de Orientación Familiar do Concello da Coruña dende a súa creación en 1983 ata a súa recente xubilación. Socialista que foi concelleira de servizos sociais en Coruña e parlamentaria galega. Activista feminista e integrante da plataforma contra a lei do aborto e da plataforma Contra as violencias machistas acción feminista. Todo un luxo contar coa súa presenza. Moitas grazas Mariam, oxalá che pases de novo por Habitando.
Ligazóns de interese:
Ep.12 Hábitat y violencia machista: Descargar
Créditos
Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons.
- A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II
- El lobo feroz, De espaldas al patriarcado
- Tú, tururu tutu tururu, Tú, De espaldas al patriarcado
Subscrición
Contacto
gtcomunicacion.gal[arroba]asfes.org | @ASF_Habitando | Facebook
Deixar unha resposta