Eres docente de secundaria, orientador ou orientadora?
Eres representante dun anpa de secundaria?
Preocúpache, traballas para, ou tes ideas para que os centros de secundaria sexan hábitats máis coidadores para as persoas que os habitamos, as relacións e o entorno?
Desde o grupo de Educación de Arquitectura sen Fronteiras queremos informar e convidar a facer parte do I Encontro "Un IES de moito coidado"que convocamos no marco do proxecto de educación Participar para Coidar.
No seguinte documento podes ver o marco, temporal e de accións, no que se contextualiza este encontro como parte dun proxecto máis amplo e concretamente dunha liña de investigación acción á que pretende contribuir.
Convite I Encontro "Un IES de moito coidado"
Os resultados deste proceso de investigación que se desenvolve entre 2021-23 serán sistematizados e publicados ao finalizar o proceso nun documento a modo de guía de reflexión, "Un IES de moito coidado", que estará accesible online con licencia Creative Commons.
Este I Encontro quere facilitar un espazo de indagación e reflexión grupal no que convidamos a actores clave vencellados desde diferentes roles á educación formal: docentes de secundaria, universitarios, familias, representantes de entidades sociais e educativas públicas ou do terceiro sector, etc.
Desde o grupo de educación de ASF, contando con persoas especializadas en metodoloxías de indagación colectiva, prepararemos unha xornada para poder compartir inquedanzas, experiencias, dúbidas, aprendizaxes que nos permitan como comunidade favorecer hábitats educativos coidadores para as persoas que os habitamos, para as relacións e para o entorno. Tamén pensar sobre qué coidados precisan os centros de secundaria hoxe para poder ser hábitats coidadores.
Moitas son as preguntas significativas que se poden abrir cando falamos do Dereito a un hábitat digno e coidador, maís ainda neste contexto postpandemia e de crise ecosocial, que require pola sua complexidade e incertidume unha abordaxe colectiva, para coidar e coidarnos tamén. Algunhas delas poderían ser:
Que son os coidados?
Como os entendemos se falamos dun centro de secundaria?
Como podemos concretalos se falamos dos espazos do centro e da súa contorna (natural e construída), da convivencia, da participación, da pertenza?
Que se fai ben, que funciona?
Que podemos facer para mellorar?
Onde estan as barreiras? Que podería facilitar?
Qué precisamos como docentes, familias, alumnado, comunidade para sentirnos coidadas?
Cal pensas que podería ser o papel das familias, docentes, alumnado, entorno social?
Agardamos sirva ás persoas que participedes e posteriormente a moitos máis actores educativos a través do material resultante do proceso de investigación.
Agradecemos a confirmación en canto texa posible para poder organizarnos ben.
Se tes interés ou queres saber mais escribe a gteducacion.gal@asfes.org . Plazas limitadas
Data: venres 4 de novembro de 2022
Lugar: IES Ramón Ménendez Pidal (A Coruña) (Biblioteca)
Horario: 17 a 20 horas
Deixar unha resposta