II Edición do curso Tecnoloxías Apropiadas

En marcha a segunda edición do curso en liña Tecnoloxías Apropiadas, no marco nesta edición dun proxecto xunto a Enxeñería Sen Fronteiras e o grupo de investigación Artigo9Tech da UDC e financiamento da Xunta de Galicia sobre Tecnoloxías para o Ben Común.

Información do curso (castelán, pdf 314 KB)

Dende 2015 e no marco do curso en liña Hábitat a Escala Humana abordamos o tema das Tecnoloxías Apropiadas - eficaces, viables, duradeiras e aliñadas con valores positivos -, dedicándolle un dos 6 módulos. Co tempo, a necesidade e o desexo de seguir profundando neste tema levounos a ofrecer unha introdución ao mesmo máis ampla e en formato en liña igualmente.

Un equipo de diversas persoas vinculadas a ASF Galicia, de perfís profesionais que vinculan a arquitectura, a cooperación internacional, a educación e a participación social, elaborou os contidos que se ofrecen neste curso, seguindo a proposta de estrutura elaborada previamente pola cooperativa Hábitat Social.

Propuxémonos profundar un pouco máis na definición e aplicación das Tecnoloxías Apropiadas no momento actual, no que se presentan como unha alternativa ao modelo de desenvolvemento dominante neste contexto de crise civilizatoria en países do Norte e o Sur Global.

Módulos

  • Módulo 1: Aproximación ás Tecnoloxías Apropiadas
  • Módulo 2: Tecnoloxías Apropiadas para un hábitat sostible
  • Módulo 3: Ferramentas para o deseño e avaliación das Tecnoloxías Apropiadas

Calendario

Período lectivo: 30 de setembro ao 30 de novembro.

  • Módulo 1: 30 setembro - 13 outubro
  • Módulo 2: 14 outubro - 27 outubro
  • Modulo 3: 28 outubro - 10 novembro
  • Desenvolvemento práctica: 11 - 24 de novembro

Entrega de avaliacións finais: 30 de novembro

Información e inscrición

  • Idioma opcional : Castelán ou galego
  • Tarifa xeral: 120 euros.
  • Tarifa reducida*: 100 euros
  • Data límite de inscrición: 27 de setembro
  • Prazas limitadas: 30 prazas

* A tarifa reducida aplicarase durante todo o período de inscrición a persoas voluntarias ou socias de Arquitectura Sen Fronteiras ou de Enxeñería sen Fronteiras e integrantes de Artigo9Tech. O resto de persoas que se matriculen antes do 20 de setembro tamén gozarán de matrícula reducida.

Inscrición: cubrir o seguinte Formulario Inscrición

Descarga o cartel

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.