O pasado 9 de xuño tivo lugar, na escola da Comunidade Multicultural Nova Olga María Cuchuapán de Champerico - Retalhuleu en Guatemala, a inauguración de dúas obras realizadas ao longo deste ano polos equipos de ASIAPRODI e Arquitectura Sen Fronteiras no marco do Proxecto Q’aq’ip (espírito vital) para mellorar a calidade educativa, o benestar socioemocional e as condicións hixiénico sanitarias en 13 escolas de primaria do departamento de Retalhuleu. Financiado na súa totalidade pola Cooperación Galega da Xunta de Galicia.
Nesta escola construíuse en primeiro lugar un punto de auga, con billas a diferentes alturas para que resulten accesibles para todo o alumnado e profesorado, garantindo así o acceso a auga no centro. A construción garante protección fronte á choiva e a radiación, e conta con peche perimetral para evitar a entrada de animais e a contaminación da área, así como dun sistema ecolóxico de drenaxe das augas servidas denominado círculo de banano.
Outra das construcións realizadas ao longo do ano foron 4 cabinas de sanitarios lavables para as aulas de pre-primaria, en substitución das letrinas secas aboneras que se sitúan no fondo da parcela. A inclusión dun sanitario na aula é moi beneficioso para o correcto funcionamento das clases e a seguridade dos netos e nenas xa que, deste xeito, as e os docentes non temen que abandonar a aula para acompañar ao alumno ao sanitario.
Con este proxecto damos peche a unha serie de intervencións que iniciamos tras a pandemia de Covid-19 e considerouse necesario prolongar no tempo para lograr mellorar a situación das infancias no centro educativo.
Compartir:
- Imprimir (Se abre en una ventana nueva) Imprimir
- Fai clic para enviar unha ligazón por correo electrónico a un amigo (Se abre en una ventana nueva) Correo-e
- Fai clic para compartir en X (Se abre en una ventana nueva) X
- Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva) Facebook
- Compartir en Linkedin (Se abre en una ventana nueva) LinkedIn








Deixa unha resposta