Tras abrir o pozo e construír o depósito, só falta a rede de distribución para finalizar a instalación do abastecemento de auga que dará servizo á Comunidade Mam Cajolá. As obras, financiadas pola Cooperación Galega da Xunta de Galicia, a Generalitat Valenciana e o Concello de Santiago e que supoñen 14,5 Km de escavación, contan co entusiasmo de toda a comunidade que está totalmente implicada na xestión social do hábitat no que viven. 762 persoas, 265 familias en total, serán as beneficiarias directas desde proxecto grazas ao cal contarán con auga nas súas propias vivendas.
As gabias realízanse mediante máquina escavadora, á que se suma a man de obra voluntaria da comunidade para o transporte de tubos desde o albergue ata a súa colocación e outros traballos auxiliares para os que reciben a formación adecuada.
A colaboración é máxima, diariamente achéganse máis persoas das solicitadas para realizar os labores, e de aí que probablemente poidamos inaugurar a rede o próximo mes de maio.
Compartir:
- Imprimir (Se abre en una ventana nueva) Imprimir
- Fai clic para enviar unha ligazón por correo electrónico a un amigo (Se abre en una ventana nueva) Correo-e
- Fai clic para compartir en X (Se abre en una ventana nueva) X
- Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva) Facebook
- Compartir en Linkedin (Se abre en una ventana nueva) LinkedIn







Deixa unha resposta