Do 10 ao 12 de maio celebrouse no Pazo dá Cultura de Pontevedra a primeira edición de Ludantia, bienal internacional de educación en arquitectura para a infancia e a mocidade. Ata alí achegámonos un nutrido grupo de Arquitectura Sen Fronteiras para descubrir moito do que se está realizando neste campo en todo o mundo.
Gravadora en man, charlamos con varios e varias dos seus protagonistas. Con Francesco Tonucci, referente para a práctica totalidade de proxectos presentados. Con Santiago Atrio, presidente do comité científico da bienal. Con Camila Estigarribia e Mireya do Colectivo Surgente, gañadoras co seu proxecto Escaleira da quinta rúa en Caracas, Venezuela. E tamén con Virginia Navarro, que xunto a Xosé Manuel Rosales e Jorge Raedó organizou esta bienal.
As conferencias terminaron pero Ludantia continuará ata o 17 de xuño coas súas exposicións: a Expo-activa deseñada por Maushaus na que se pode xogar con dispositivos relacionados coa arquitectura, e os proxectos presentados á bienal xunto cunha sección específica de Colombia, país invitado. E a Golden Cubes, exposición dos proxectos premiados pola Unión Internacional de Arquitectos na súa sección de infancia.
Ligazóns de interese:
Ep.24 Ludantia 2018: Descargar
Créditos
Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons.
- A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II
- Mirade Para O Meu Pequeno, En casa del Herrero, álbum Tradición
Subscrición
Contacto
gtcomunicacion.gal[arroba]asfes.org | @ASF_Habitando | Facebook
Deixar unha resposta