O pasado 17 de marzo participamos nunha mesa sobre situacións de emerxencia e axuda humanitaria na Escola de Arquitectura da Coruña. Nun contexto tan complicado como o actual derivado da guerra en Ucraína, con millóns de persoas desprazadas e cidades destruídas, que papel xogar dende a construción civil?
Unha ampla variedade de institucións estiveron representadas: direccións, profesorado, investigadores e estudiantado das Escolas de Arquitectura, Arquitectura Técnica e Enxeñería de Camiños da UDC, o Colexio de Arquitectos de Galicia e axentes da axuda humanitaria como a Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC, Cooperación Galega, Arquitectura sen Fronteiras e Enxeñería sen Fronteiras.
A intención: consensuar unha folla de ruta na que seguir traballando. Varias foron as liñas de actuación, aquí e en terreo, que se propuxeron e sobre as que seguir traballando non futuro encontro.
Deixar unha resposta