O 12 de xullo no Teatro Colón da Coruña, ás oito da tarde, a ONCE entregaba os seus Premios Solidarios 2016. Con eles recoñece anualmente ás empresas, organizacións, medios de comunicación, persoas físicas e estamentos da administración pública que máis contribuísen á defensa e apoio da integración das persoas con discapacidade e doutros colectivos en risco de exclusión.
E un deles, o de empresa, foi para as cooperativa Mulleres Colleiteiras. O Xurado valorou especialmente o seu enfoque social ao xerar unha forma de autoemprego para mulleres en situación de exclusión. Un proxecto comprometido ademais coa defensa do medio ambiente ao promover a reciclaxe do aceite doméstico usado.
Lourdes e Esther, socias da cooperativa, subiron ao escenario entre aplausos. Dende o patio de butacas observabámolas admiradas boa parte do equipo de Arquitectura Sen Fronteiras.
No discurso acordáronse de ASF: “sen eles este proxecto non existiría e están aí, día a día soñando connosco e apoiándonos para que cada día sigamos adiante e creza”.
Deixar unha resposta