Juan Aradas, voluntario do grupo de Cooperación Local de Arquitectura Sen Fronteiras participou o pasado 27 de outubro no 2º debate do ciclo Repensar Coruña: entre a utopía e a realidade que organiza o Foro Metropolitano Coruña 3.0. Sobre a mesa a rexeneración da fronte litoral da Ría do Burgo dende Oza á Ponte Pasaxe, xusto onde se atopa un dos poboados chabolistas da Coruña a cuxa poboación levamos anos acompañando.
Na súa intervención, Juan sinalou a realidade vergoñenta da cidade que concentra o maior número de poboados chabolistas de Galicia. Unha problemática que non se ten solucionado pola cobiza e neglixencia das pasadas corporacións municipais, que optaron pola especulación fronte ao desenvolvemento harmónico da súa cidadanía.
Un resumo do debate e das súas conclusións, no que tamén participaron Andrés Precedo, Ignacio Pardo de Beira Moreno, Carlos Mezquita e Isabel Aguirre, atópase dispoñible na web do Foro Metropolitano e tamén en PDF.
Deixar unha resposta