Obradoiro: Materia en Combustión. Sentipensares en torno ao lume, resilencia e paisaxe

Xa está en marcha a 2ª Edición do Burla Verde, un encontro festivo, autoorganizado, autofinanciado e reivindicativo pola defensa do territorio e da vida. Celebrarase en Seoane do Courel o 15 de xuño deste 2024. Contará cunha chea de actividades: obradoiros, faladoiros, concertos, circo, danza...

Arquitectura Sen Fronteiras participará xunto a Outonía e co patrocinio do COAG no obradoiro Materia en Combustión. Sentipensares en torno ao lume, resilencia e paisaxe. Abriremos un espazo colectivo para pensarnos en relación á metáfora corpo-territorio. Para abordar o fenómeno do lume e a súa influencia dende unha narrativa que atravesa as lóxicas da racionalidade. Para poñer en valor o relato individual e comunitario a través da experimentación e a creatividade.

Estades todes convidades.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.