Obradorio FFotoeduca – fotografía participativa “Agra do Orzán, barrio de coidados: ”

Enmarcado na segunda fase do proxecto AGRA: un barrio de coidados, reflexionaremos sobre o urbanismo ecofeminista e os coidados nos barrios a través da fotografía participativa:

Impartido por Mariola Mourelo

25 prazas
Aberto e de balde*

VENRES 28 DE FEBREIRO. 17 a 19:30 horas
SÁBADO 1 DE MARZO. 10:30 a 13:30 horas
VENRES 7 DE MARZO. 17 a 19:30 horas

📍Centro Ágora – Aula 9
Lugar da Gramela 17, A Coruña

Sesión 1 – Venres 28 de febreiro – Introdución e contextualización

Nesta primeira sesión poremos en contexto o lugar do que parte esta formación, presentarase brevemente o proxecto Agra, barrio coidados e farase unha pequena introdución ao urbanismo ecofeminista e aos barrios e cidades de coidados. Introduciremos o concepto e práctica da fotografía participativa, e da alfabetización visual. Aprenderemos a “ler” imaxes, interpretando as mensaxes e información que nos transmiten, e como podemos “escrever” visualmente as nosas próprias historias e experiencias. Estas serán as ferramentas básicas coas que traballaremos ao longo das sesións.

Sesión 2 – Sábado 1 de marzo – Práctica e traballo de campo

Continuando coa sesión anterior, coñeceremos os elementos básicos da fotografía (luz,composición, encadre, tipos de planos…) e manexo das cámaras dos nosos móbiles. Faremos prácticas en interior e exterior, percorrendo algúns dos lugares significativos do barrio da Agra, exercitando o ollar apreciativo e utilizando a cámara de forma creativa e como rexistro de documentación visual.

Sesión 3 – Venres 7 de marzo – Exposición e celebración

Co material recollido na sesión anterior realizaremos propostas creativas combinando imaxes, textos, e outros medios, en formato papel e dixital, que axuden a materializar as nosas ideas e reflexións sobre o barrio, a súa arquitectura, xente, natureza e a relación entre elas. Finalizaremos cunha posta en común visual na que compartir as principais aprendizaxes e conclusións.

*Pedirase unha fianza de 10€ para a reserva da praza, que se devolverá ao finalizar o obradoiro en caso de asisitir. O obxectivo é coidar as plazas dispoñibles, xa que son limitadas, e facer un bo uso dos fondos públicos que fan posible o desenvolvemento desta actividade.

Fai a túa inscrición cubrindo este formulario.

Para formalizar a inscrición deberás facer o ingreso da fianza de 10€ neste número de conta:

ES83 3183 1500 9810 0367 9527
Concepto: Inscrición ffotoeduca – Nome e apelidos

De haber algún problema para o pagamento ou ingreso da fianza, isto non será en ningún caso un impedimento para realizar o obradoiro. De ser o caso, non dubides en escribirnos a educaciongalicia@asfes.org e buscaremos a solución.

Se queres saber máis sobre ffotoeduca: https://ffotoeduca.com/sobre-ffotoeduca/

 

Animáte a participar! Agardámoste

Deixa unha resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.