Hoxe temos connosco a Iago Carro, integrante de Ergosfera dende a súa fundación. Ergosfera naceu en 2006 como asociación de estudantes de arquitectura. Tras varias fases neste momento é unha cooperativa que traballa en propostas urbanísticas e no estudo das formas de uso e urbanización do territorio contemporáneo.
A súa perspectiva alónxase da practica tradicional da arquitectura e o urbanismo pola súa mirada crítica, sempre presente e que lles caracteriza. Poñen en dúbida o existente, fomentan o diálogo e o debate con todos os axentes implicados nos contextos concretos. Entre eses axentes está por suposto a veciñanza.
Chamamos a Iago para falar de urbanismo participativo dende a súa experiencia, dos xeitos que temos todos e todas de participar na planificación da cidade.
Ligazóns de interese:
- Ergosfera
- Habitando Ep.20: Proxectos de urbanismo e participación cidadá (coa participación de Ergosfera)
Ep.37 Participación e cidade con Ergosfera: Descargar
Compartir:
- Imprimir (Se abre en una ventana nueva) Imprimir
- Fai clic para enviar unha ligazón por correo electrónico a un amigo (Se abre en una ventana nueva) Correo-e
- Fai clic para compartir en X (Se abre en una ventana nueva) X
- Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva) Facebook
- Compartir en Linkedin (Se abre en una ventana nueva) LinkedIn

Deixa unha resposta