En novembro de 2021 baixo o título Educar na incerteza liberadora tivo lugar o V Congreso de Educación para a Transformación Social. Un congreso aberto a todas as persoas, movementos e axencias transformadoras para a reflexión e o intercambio de saberes e experiencias:
Arquitectura Sen Fronteiras Galicia contribuíu cunha comunicación titulada Participar para coidar, asinada por Marta Casal e Lucía García-Cernuda, que recolle algunhas impresións e primeiras reflexións sobre a praxe educativa que estamos a desenvolver no IES Ramón Menéndez Pidal da Coruña a través dun programa de Educación para a transformación social en catro fases.
Este artigo, e o resto de comunicacións, inclúese nas actas do congreso recentemente publicadas:
Participar para Coidar | Actas V Congreso de Educación para a Transformación Social
Deixar unha resposta